MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 6)

Como cada post que publico é un reto para conseguir a vosa atención, quero compartir con vós, todo o que fixen este mes de septembro, máis que nada porque os seguidores de Paparroda, supoño que teredes curiosidade por saber como evoluciona a obra, e tamén porque me produce pracer e benestar facelo.
Este mes dediqueille tempo á cenefa, tapa armónica e varetas


A función desta vareta é unicamente de reforzo, motivo pola que é de arce, vai colocada onde dobra a tapa armónica, co fin de que a tensión das cordas non arquee a tapa.








Para a tapa armónica optei por utilizar abeto alemán, algo máis de calidade que o abeto Engelmann e tamén menos manchadizo.


Para encolar estas dúas pezas, utilizo un sistema tradicional milenario xaponés, o resultado é asombroso



Agora toca ablandar a madeira para facilitar un posterior doblado, 24 horas sumerxida nun recipiente con auga. Que beba! O esaxerado entramado de cordel, non é para outra cousa máis que impedir que saia a frote.












Para doblar a tapa armónica poño un trapo húmido na zoa a doblar e papel de aluminio, por enriba a plancha dando calor, este é un proceso lento, se se ten presa, é mellor deixalo para outro día, se non se quer fastidiar a tapa.
















A falta do reforzo da roseta, este conxunto de varetas (de abeto alemán) máis a de reforzo da tapa (de arce), son a totalidade de varetas que leva este instrumento.






Comentarios

  1. hola querido, no veo planos para cortar costillas o duelas, como tomar las medidas?

    ResponderEliminar
  2. Lo hago como muestro en las imágenes de este enlace: https://paparroda.blogspot.com/2018/07/mandolina-napolitana-construccion-fase-2.html

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)