Data de paripé

Xa estamos na recta final deste 2018, pero tamén é verdade que xa fai máis dun mes que o Carrefour leva anunciando mazapáns a 2×1, digo Carrefour por poñer un referente, pero ben podía ser Gadis, Eroski ou calquera outro, abrumando coa súa propaganda de Nadal. Sempre me parecíu prematuro anunciar o Nadal antes de decembro, pero a realidade é que cada ano empézase antes cos preparativos, a este ritmo, dentro de 20 anos, poñerase o belén en agosto.


A clara intención deste post (como xa estamos en decembro) é desexarvos unhas felices festas, pero tamén aproveitar para escribir unhas palabras sobre algo que me sorprende da decoración do Nadal.

Así como do amor ao odio hai un paso, do bonito ao hortero tamén hai outro, o malo é que moitos non o saben. A semana pasada vivín unha situación que quero compartir con todos vós. Paréceme asombroso e lamentable como os medios convirten ás persoas en maniquíes andantes pintando o ridículo pola vida.  Agora vos conto.

Tódolos días ao sair de traballar, paso por diante dunha concurrida casa de comidas de moito saque, de aí a maraña de coches estacionados nas súas inmediacións. Un día da semana pasada, entre todos os coches que alí había, destacaba un pola forma “alegre” de recordar que o Nadal xa está aquí. Descoñezo se o dono do vehículo estaba tomando o café, o vermú ou unha churrascada con salsa picante, o que si sei, é que a decoración que mostraba o seu coche daba de que falar, penoso diría eu. Está claro que ao tipo este lle trae sen coidado ser pasto de burlas e chistes. O coche tíñao feito un cristo: nos cristais traseiros lucía siluetas de renos, follas de arce e o trineo de Papá Noel, todo pintado con eses botes de spray de neve, no salpicadeiro podíase ler “Feliz Navidad” feito con cinta de porpurina de cores. Tamén tiña algo para os artistas de Tráfico, seguro que lles vai encantar cando vexan sobre o capó traseiro, unha estrela de Oriente emitindo secuencias de destellos psicodélicos. Quero pensar que sería un comensal ataviado con xersei estampado e gorro de Papá Noel. Se a falta de un mes, este individuo anda así pola vida, non me quero imaxinar o día de noite boa... De seguro que é dos que viste o traxe vermello cos renos estampados. A cursilada esta do Nadal é moito para o cacharro, o curioso é que cada ano vai a máis. Sempre houbo tradicións e aquí somos moito deso, sobre todo de comer, beber e adornar as casas nestas datas. O pino coa maceta forrada con calquer papel de agasallos ou simplemente co papel de aluminio de toda a vida, luces, bolas e figuras colgadas. Xa non falemos de cantar panxoliñas!
Coa chegada do Nadal está claro que algo ten que cambiar, sobre todo porque hai moitos intereses de por medio. Xa fai anos que se veñen estilando outro tipo de tendencias como colgar a restra cos Papá Noeles trepando polo balcón, comprar xerséis con estampados horteras para a ocasión, abetos, follas, trineos, papel hixiénico con renos, o gorro de Santa Claus ou mesmamente arces de cartón a tamaño real. Fágome todos os anos as mesmas preguntas. Que simboliza en Galicia toda esta trapallada? por que son tres Papá Noeles os que se colgan no balcón e por que non se retiran pasado o 25 de decembro? É increíble como as cousas máis chorras triunfan. Será que a xente é tan cursi que todo lle da igual, como triunfa en yankilandia xa está, eles son horteras a diestro e siniestro e de pés a cabeza. Ollo coas luces, aínda que lle dan un toque festivo á vivenda, algunhas parecen verdadeiros puticlubes. 
Referente ás redes sociales, esto xa é un escándalo! Hai usuarios que comparten todo referente ao Nadal, calquera cousa lles gusta, con que poña "Feliz" xa é suficiente. Non falemos das ceas de empresa, fotos fotos e fotos. Que persoa normal aguanta eso? Por este motivo e por algún outro máis, procuro deixar de lado as redes sociais nestas datas,  paso de aguantar tanta felicitación, cumpridos baratos e paripés.
Vémonos á volta!  

FELICES FESTAS!

Aquí vos deixo algunhas imaxes ridículas do Nadal.
















           





BO NADAL!





Comentarios

  1. Hola qué tal? que tiempo sin comunicarnos...entré a mi blog y el último en escribir en él fuiste tú...en honor a eso me pasé por aquí.
    Respecto a tu nota, en casa acostumbramos a adornar con el "viejito pascuero" como lo nombramos acá, pero lo central es el recordar el nacimiento de Jesús...por lo mismo lo central en nuestro árbol de navidad es el pesebre y siempre tenemos una torta para celebrar el cumpleaños del niño...en fin, en realidad se ven muchas ridiculeces en esas fechas.
    Que este año esté lleno de bendiciones para ti!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Loreto, me alegro que pasaras por aquí. Resulta bonito conversar con gente como tú, con actitud proactiva y don de palabra, a propósito! No entiendo como dejaste de publicar en el blog de los laureles.
      Referente a tus costumbres navideñas, estás en lo cierto, lo que dices es totalmente tradicional y correcto, desde un punto de vista Católico Apostólico, a pesar de que este no esté en su mayor apogeo. Parece ser que la tradición y el bien hacer es lo que menos importa (algo que no comparto), lo interesante es pasarlo bien, aunque sea de guisa hortera como bien muestran las imágenes de esta post.

      Un abrazo y que fluyan las bendiciones para ti también, señora Alé.

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)