Altos de Crimea




Adana, domingo 27 de agosto de 1989. A historia vólveuse a repetir. Argus, un xoven de orixe descoñecida, ainda que pola fasquía que este “jicho” presentaba: alto, pel sonrosada, naríz recta, cabelos e ollos claros; ben podía ser escandinavo ou de por alí ó lado.
Xa ben entrada a noite do sábado cando en Sivas (unha cidade situada ó Noreste do país) embarcou en un TCDD (tren de largos percorridos, que da cobertura a toda Turquía) con destino Antalya. Como únicos acompañantes de cabina, ían a súa inseparable mochila, raída con lazos de cores esquecidas, e un señor  todo ataviado de pes a cabeza, con aqueles ornamentos cheos de brilantes traslúcidos, e costuras  entrelazadas (mismamente o demo personificado de gala), onde se deixaba entrever unha especie de libro. O tal señoriño figuraba ser mediador entre Deus e os seus creentes (un chiflado de eses que andan soltos por ahí, …penso que xa tiña máis dun par de porros a bordo), pasouse todo o traxecto leendo o libro; e vaia libro!!! Un libro de apariencia rugosa e acartonada, que lle cambiaba a forma cada vez que miraba para él.
Asombrado quedei cando preto de chegar a estación de Adana, o individuo sacou do medio do dichoso libro, un bote con unha beberaxe violácea afumada, espumosa e consistente como o veneno de serpes dos Altos de Crimea, dun agradable olor persistente, descoñecido e o mesmo tempo familiar, foi en ese momento de total desconcerto cando me pareceu escoitar alá ó fondo; pero moi ó fondo, unha voz feminina, doce e cariñosa, que me dicía: “İyi günler  nasılsınız kahve  saat kaçis…” esto ven dicindo algo así como: desperta que se vai enfriar o café.
Esto, só pode pasar, quedando a dormir na sala, mirando a tele e tomando café; é dicir, nin unha cousa nin outra.


O Paparroda
Itinerario


A todo esto, quería comentar que o asfalto molladiño ó xeito como estaba hoxe, non se prestaba para moitas chulerías, polo tanto fun en plan tranquilo hasta san Ramón de Bealo. Parece ser que cerca da capela hai un  petroglifo, ainda que eu non o atopei; haberá que intentalo outro día.
 
 "Place for One" na igrexa de San Ramón de Bealo







 



Distancia...........................58,60 Km
Duración............................2h:20m
Velocidade Media............25 Km/h
Velocidade Max................51,9 Km/h




Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)