Adrenalina acompasada

Eran as cinco da mañá cando espertei ca mente apuntando un destino: PADRÓN, volta para aquí, volta para alá,  e xa non volvín quedar a durmir, máis que nada  imaxinándome a textura que tería a pócima que me agardaba na neveira (Isto dos cursos de nutrición é o que teñen). Parece ser, que antes de facer deporte, non se deben tomar lácteos, (o paisaniño deixounos ca boca aberta a todos) eso de tomar o ioguriño mailo leite con colacao e galletas “Fontaneda” nanai de la china, eso vaise a acabar. Ahhhh!!! E ollo coa leite de soja aqueles que temos  pilindrín; e mellor deixarllo pa elas, para as féminas.
Pasado un bo par de horas, levanteime todo cheo de razón, e despois de mil casos repetidos, collín a “Place for One” e tira millas, eso sí...;  acompañado dun vento jodón boa parte do  traxecto, en contra para alá e en contra para acá, ainda que coa dosis de adrenalina acompasada que levaba, nin puto caso. A estancia en Terras de Iria, foi xustamente a precisa, sin rollos patateiros nin finas herbas,  foi chegar e encher. Como dixo Julio: “llegué, vi y vencí” eu tamén, cheguei, fixen catro fotos e vin de volta todo complacido. 

Espero que vos gusten.



O Paparroda
A "Place for One" adornando esta bonita escultura adicada ó noso ilustre Camilo José Cela

"Place for One" na casa de Rosalía

Reposición de H₂O



Aguiño-Padrón e volta
Distancia               98Km
Duración               3h:57m
Velocidade Max.   65,4Km/h
Velocidade Med    24,8Km/h

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)