Efectúo os traballos de lutería, sempre vista aos viandantes, nun garaxe dunha rúa moi transitada de Aguiño, non só pola xente que vai ou ven da praia, se non tamén pola que anda a pasear, circunstancia que nestes momentos (agosto, mes de vacacións por excelencia) me recorda aos primeiros días de rebaixas dos centros comerciais. Aínda que na casa dun, cada un fai o que quer, unha actividade realizada vista ao público, fai que sexa distinta a calquer outra, procuro en todo momento gardar a compostura, sendo o máis sociable posible, intento ser respetuoso, amable e sen perdela paciencia, xa que son moitos os que pasan sen decir nada, pero tamén son moitos os que se deteñen a falar e a observar o que teño entre mans, cada un di o que lle parece, uns falan moito sen decir nada, outros con poucas palabras dinno todo e tamén hai quen di disparates como se nada, sen ir máis lonxe, hoxe acurriron tres detalles curiosos que vos quero contar: Un dos viandantes non se cortou en preguntar s
bonita bici ramón...esa sube sola..
ResponderEliminarPenso que Ramon e mais de BTT
Eliminar