Un desliz chino

Maniobras de sendos tronos, desesperan inquietudes na prensa rosa de media Europa. A nosa Leti, na ceremonia da Pascua Militar, repite o modelito do ano pasado e un guardia de Buckingham estivo a punto de disparar a Isabel II. Alucinante a de noticias sorprendentes que un se atopa na prensa... 
Que sepas que se chegaches aquí en busca de cotilleo do corazón ou chismes da nobleza, lévala clara. Neste blog trátase temas distintos, mellores ou peores, depende de ti, do amueblada que teñas a cacharola. 

Tódolos días deste Nadal, aínda ben sen entrar a noitiña, entre o abalar da brisa, os cantos dos cormoráns, pildoriñas e algunha serea, propúxenme dar unha camiñata mansiña polo paseo de madeira que debuxa a silueta da fermosa praia onde vivo. Ao cruzar o moderrón paso por diante dunha vivenda que me chama moito a atención, unha casa de pranta alta, moi acristalada con acabado enferruxado, lucindo tres Papá Noeles ao longo dunha corda que pendura do balcón.

Pregúntome, cal será o significado de tal composición?

Un desliz chino? ou tal vez, a propósito para chamar a atención? 

O feito de que as tendas dos chinos, vendan todo o que se propoñan, implica directamente na decadencia de algo moi importante como é a distinción. Polo visto o Nadal é o de menos, viva o agnosticismo! Se para o próximo ano lles dá por sustituir a Papá Noel por Messi ou Cristiano, de seguro que será un auténtico exitazo. Que máis dá o significado! O importante é vender.
Opulencia a TODO a CEN
Que pouca distinción... Cada día menos clase e todos contentos.


Bo finde!







Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)