Cofre (parte 4) FIN

Con tódalas bromas, cheguei ao remate da obra. Tamén é certo que, o resultado daquel barullo de líñas tortas e mal feitas que tiña na cachola a primeiros de ano, teño que dicir que non ten nada que ver coa realidade. Os prototipos no aire é o que teñen! Pero aínda así, este cofre apela á nostalxia, ben podía ser o que tiña o mariñeiro Billy Bones na pousada do almirante Benbow,  a que foi asaltada e esnaquizada polos piratas, buscando o mapa do temible capitán Jonathan Flint.














Coas ferramentas electricas é bastante doado facer un tallado de "andar por casa", so fai falta imaxinación, tempo e poñerse.





A marca de autor, nunca pode faltar, nesta ocasiónmartillei como un cosaco uns cravos de ferro frío, para conseguir o fascinante toque medievo que tanto me gusta.






Logo de aplicar a protección antitermitas e lixar o poro, chega o momento do tinte. A presenza de cor é fundamental tanto no tradicional como no moderno. 







Logo de colocar toda a ferranchada cada unha no seu sitio, toca dar cera, pulir cera.



Este é o resultado





















Esto foi todo, gracias por pasar por aquí, un saúdo e ata a próxima. 












Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)