Unha folla de Carballo Cerqueiro

Ben sei que todos diferenciades un carballo dun pino, iso é algo que teño clarísimo, o que non teño tan claro é que sepades diferenciar un Carballo Común dun Carballo Cerqueiro. Tamén sei que nos tempos que corren, iste é un tema que lle interesa a ben poucos, pero como isto é cuestión de prioridades, aí vos vai, para vos, para eses poucos, polo tanto iste é o tema a tratar neste post.

Carballo Cerqueiro    Carballo Común

Hoxe en día, nas carballeiras conviven unha gran variedade de especies, tanto foráneas como autóctonas, entre as cales hai unha moi particular que se coñece como Carballo Cerqueiro. A priori xa non é tarefa doada dar con eles; unha que hai escasos exemplares e outra a pouca diferenza que existe con respeito ó resto das variedades, teñen as follas máis claras e dentadas dun tacto aterciopelado, percibíndose este maioritariamente nas follas novas (as das puntas das ramas). A súa madeira é dura e de  boa calidade, moi cotizada en ebanistería,  cunha casca ríca en taninos, que antigamente usábase para curtir coiros, ademáis de astrinxente na mediciña popular; remedios caseiros  e meigallos que é xustamente a onde eu quería chegar.

Na época de María Castaña, tíñase a este carballo por maldito, xa que  había unha creenza de que quen cortara, ou vivira nunha casa na que se utilizase este tipo de madeira para a súa construcción, estaba propenso a grandes males, como embruxamento ou feitizo rematando en enfermidades psíquicas indeterminadas con perfil histérico, das cales entre as poucas opcións de cura estaba achegarse a San Campio, O Corpiño, Santa Comba, Santa Xusta ou acudir ó “Pastequeiro” e inxerir aquela espesa beberaxe que  suministraba. Unha fórmula segreda que perdurou co paso dos séculos, agora aquí vola deixo desvelando o misterio da posesión diabólica.


Carballo Cerqueiro    Carballo Común

Necesítase unha folla de carballo cerqueiro, media cabeza de allo picada cunha flor de cardo queimada, unhas areas de sal e catro gotas de sangue menstrual, xunto coa xiada dun rosal.

Nota importante: esta beberaxe había que meterlla ó corpo na lúa  crecente, aproveitando a caída do calleiro, antes do primeiro canto do galo ardente.

Iste é un dos moitos casos nos que non está claro se é mellor o remedio cá enfermidade. Non sería de extrañar que moitos deles preferisen andar enfeitizados antes de sorber tal beberaxe.

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)