Modelo de rúa
Maura III/III |
Despois do que vemos todos os días nos xornais, había que ser un tanto egoísta para declararse radiante de felicidade neste ano de conflitos, preferentes, crisis e desahucios. Facendo balance ó marxe de todas estas penurias, teño para dicir que foi un ano extraordinario. O pasado xaneiro poñía en marcha este ambicioso proxecto chamado “Paparroda”. A pesar de que o seu comezo foi un tanto precipitado e tímido ó mesmo tempo, non me podo queixar do logro obtido, xa que conseguín tirar como un experto Rudolf facendo crecer a cantidade de seguidores que cada semana pasades por aquí, chegando a cotas record nestes últimos días do ano. Alcanzando deste modo un objetivo pouco previsto, aínda para as mentes máis optimistas, feito que me fai sentir moi motivado e ilusionado, agradecendo incansablemente o voso valioso tempo dedicado ao “Paparreo”, nada que ver co paporreo que quede claro!!!
Paparreo ≠ Paporreo
Logo da noite pasada, con tanto glamour, poderío e pasteleo ata os máis adictos a Candy Crush lles costou deixar de lado tanto solfeo e ser “modelo de rúa” en tal semellante desfile ao máis puro estilo Milan Fashion Week cun ambiente caldeado cheo de poses e miradas de desexo. Do que menos ten gana un, é de levantarse e volver a vida “real”, pero tranquilos, esto pasa de vez en cando e disque non é nada malo.
Gracias por leerme.
Comentarios
Publicar un comentario