Grafeno
No ano 2010 foi otorgado o premio
Nobel de Física ós Srs. Andréy Gueim e Konstantín
Novosiólov, dous rusos que co seu descubrimento revolucionaron
altas e baixas esferas, mostrando ao mundo o Grafeno.
Ata esa, apartando aqueles catro que sempre o saben todo, ninguén tiña idea do que era, ben podía ser champú,
unha bebida para deportistas, unha crema exfoliante, ou mesmamente unha marca de papel hixiénico de
alto rendimento, pero non, desta vez foron un pouco máis alá descubrindo algo
que a priori tiña todas para ser un material super revolucionario, de
increíbles características e usos sorprendentes en aplicacións infinitas.
Un material máis duro, flexible e lixeiro que o aceiro, alta conductividade
tanto térmica como eléctrica e por si fose pouco, tamén é transparente, que xa é decir!!
O Grafeno vaise convertir no material de moda, polo tanto dentro de dous
días ou tes algo de Grafeno ou non eres ninguén. Reloxo de Grafeno, lentillas
de Grafeno, piercing de Grafeno, parauguas de Grafeno... Os que teñades bici de carbono, xa
podedes ir cambiando... Eu que sei!! Ata os máis do norte se atreverán con
preservativos de Grafeno... Quen sabe...? Só falta que se poñan de moda.
Grafentelo, Grafenselo.
Escoitábase a principio desta década que na volta de poucos anos este
material iba revolucionar o mercado, pero xa estamos a finais do 2015 e aquí de
Grafeno nin chica nin patacón. Que pasa co Grafeno? Aínda está por chegar? É
unha farsa? Ou están as altas esferas agardando que Paparroda publique este
post? Sendo así xa poden ir espabilando a tontería que estou
ansioso por estrear o próximo vran unhas gafas de sol a xogo coas chanclas de
Grafeno on the beach.
Co
tranquilo que estaba o galiñeiro…
Xa esta chegando...
ResponderEliminarhttp://www.tendencias21.net/Cinco-anos-para-que-el-grafeno-cambie-el-mundo_a40680.html
Que veña, que veña!!
EliminarInteresante o teu enlace.