Doutra maneira
Xa temos á porta unha algueirada de orixe Celta chamada
Samaín, unha festa relacionada cos espiritus e a morte, celébrase este sábado (a
noite do 31 de outubro ao 1 de novembro); unha noite de troula “terrorífica”, para
divertirse sacudindo o cu e a carteira doutra maneira, disfrazados de
fantasmas, zombies ata diablos con minifalda e escotados vampiros, non hai frío
que entre aos vivos.
Os emigrantes irlandeses no século XIX
levaron ao novo continente a súa caldeirada cultural de festas e tradicións, e
como os americanos, festeiros tamén son o seu, non lle fixeron ascos a tal
troula. Alí douse a coñecer como: “All Hallow´s Eve” ou “Hallow evening” que
ven sendo o que na actualidade se coñece como Halloween. Esto é unha mostra de
que a cultura está viva, o sitio cambia pero a festa sigue.

A disfrutar o Samaín!!
Comentarios
Publicar un comentario