Unha de berberechos
O día de onte, logo de runnear o percorrido habitual
matutino dos domingos, tomeime un chisco de acougo, deseguida de repoñer
enerxía e coa intención de domar ideas, boteille unha ollada a xornais e blogs
que sigo. Teño que decir que me levei unha grata sorpresa ao sentirme
identificado co que o archicoñecido José Carlos Capel, escribía no seu blog
“Gastronotas de Capel” co título “Las reinas del berberecho”. Primeiro por
falar de Galicia, da ría de Muros e Noia, ría onde nacín, recordando os meus antepasados, que medios
labregos, medios pescos, non quedaron sen mariscar berberecho na lomba de Noia. Segundo e non por eso menos interesante,
falar dunha empresa punteira, que leva máis de medio século conservando
productos mariños de calidade, ao mesmo tempo que nos abre unha boa fiestra de
osíxeno aos barbanzáns, como é Frinsa.
Polo tanto, recoméndovos ler o post "Las reinas del berberecho" de José Carlos Capel.
Comentarios
Publicar un comentario