Esos "Turita"



Despois de varios días de pleno sosiego ciclístico, debido a debilidades, disturbios e tempestades varias, chegou o día "D", o día no que decidín sacar a “Place for One” de paseo, e nunca mellor dito, xa que foi unha saída pausada e suave, máis ben en plan “turita” como din os do Sur. Fun a Baroña, á terra natal e aproveitei para acercarme a Ponte Medieval do Río Sieira, na cal as excesivas augas deste inverno deixaron os seus aledaños libres de toda maleza, restablecéndolle unhas vistas fermosas e impresionantes, digno e merecedor dunha boa visita; aínda que sendo un pouco... ou menos aínda, un pouquiño realista, eso é para os “turita” xa que os de aquí vamos a sitios máis lonxes, canto máis lonxe mellor, podendo ir coller una insolación ó Caribe, vamos quedar no país, “anda ya"
Chegou o momento de pasar as fotos, pero non sin antes decirvos que esta semana comecei a práctica de Running en compañía dun amigo cañero e incansable como é o Sr. Vilarnovo. A idea é coller fondo para participar no duatlón de Ribeira que se celebrará o vindeiro mes de novembro.
Aquí vos deixo unhas fotos para o voso disfrute, dun dos moitos paisaxes que temos na comarca do Barbanza.








O Paparroda

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)