Onte
a noitiña, xunteime para tomar uns grolos de viño novo cuns vellos amigos, que por
“aches” ou por “bes”, facía tempo que non coincidiamos, pero unha vez máis quedou
claro en sentencia firme que na taberna
todo é palabrería, moito bla, bla, bla e poucos feitos, si! Sorprendente! pero cada cal máis entendido,
cada un que abría a boca era para superar o disparate do anterior, entre todos dominábamos
o “Ibex 35” de lo lindo, pero polo de
pronto hoxe á mañanciña as cousas cambiaron, a hora de partir, o amigo Lorenzo (o
que onte levaba a voz cantante, o que tanto barullaba) nin por asomo apareceu, onte todo era “eu
aquí”, “eu alá”, “eu fago”, “eu deixo de facer”, todo un alarde de alabanzas e conquistas, que
visto o visto, como din os de Cáceres: “agua de borrajas”. O que de verdade me
sorprendeu foi o Sr. Celsius que a altura de Boiro empeñouse en quitar grados, grado
para aquí, grado para alá... que antes de chegar a Taragoña xa casi estábamos a pre, máis ben a “xe” de
conXElado, buffff! vaia auga neve caeu
cando pasei por Cespón, en Bexo non sentía os pes, nin plátano de Canarias, nin
barrita enerxética nin oito cuartas, o perro chaparrón que caeu, obrigoume a determe
debaixo do viaduto da autovía o que provocou un ascenso de clasificación, pasando
a un nivel superior chamado superconxelado, pero iso si, hai que darlle a razón
o refraneiro español “Sarna con gusto non pica”. Ben, a todo isto, hai que ter
en conta que unha vez máis a doce, apaixonante, melancólica e incesante amiga fiel que teño, cumpriu co
seu deber, “chover”.
|
Catro furtivos apañando un puñado de ameixas en praia Xardín |
|
Momento plátaning |
|
Viaduto para o AVE en Catoira, unha verdadeira mole |
|
Ruta - 3 |
Comentarios
Publicar un comentario