A Oliveira é unha árbore típica do Mediterráneo aínda que na nosa Terra tamén está a gustiño canto quer. O paraíso é o que ten! Simboliza abundancia, paz e amizade entre outras cousas É importante podala todos os anos, polo que a semana pasada lle dei unha poda axeitada, mantendo unha estética exuberante cunha definición de copa digna de un “ vindeover ” con tal fermosura A todo esto, a poda debe realizarse no inverno (sempre e cando non haxa xeadas ) cando a árbore está en repouso. Tamén é importante non esquecer a influencia da lúa: o ideal é podar durante a lúa minguante , xa que nesta fase lunar a saiba concéntrase nas raíces e a oliveira sangrara menos. A lúa chea sería o peor escenario, dificultando a cicatrización . Aquí vos deixo a mostra de que non é un conto feireiro.