Pan de allo
Pan de allo, un auténtico vício gastronómico
Ingredientes:
- Pan
- Allos
- Perexil fresco
- Aceite de oliva virxe
- Pementa negra moída
- Queixo rellado ao gusto
Primeiramente retirar os tallos do perexil e o xérmolo (a parte central) dos dentes de allo
Elaboración:
-Pica o perexil e os allos ata obter unha mestura fina, pero sen chegar a desintegrala completamente.
-Coloca a preparación nun recipiente e engade un bo chorro de aceite de oliva virxe. Mestura ben ata formar unha pócima aromática.
-Deixa repousar este majao durante, cando menos, dúas horas para que o aceite absorba todo o aroma e sabor dos ingredientes.
-Corta o pan en rebandas de entre 10 e 15 mm. e colócaas nunha bandexa.
-Unta xenerosamente cada rebanda co majao de allo, perexil e aceite, procurando que o pan quede ben empapado.
-Espolvorea un pouco de pementa negra moída sobre cada rebanda e cubre cunha capa de queixo rallado.
-Prequenta o forno a 180 ºC con calor arriba e abaixo.
-Fornea durante 15-20 minutos. O tempo pode variar segundo as características de cada forno. Procura non queimar o queixo.
Atención!!! Esta combinación de sabores crea auténtica dependencia culinaria. Ti verás...!
Como unha imaxe vale máis que 1000 palabras, aquí che deixo o vídeo
Comentarios
Publicar un comentario