Pautas dunha Garabata
Estou por decir, que aínda ben fose nunha
ceremonia, nunha festa, nun banquete, no metro, na oficina ou mesmamente na
rúa, de seguro que todos víchedes alguén disfrazado con traxe e garabata, digo
disfrazado porque moitas das veces non se lle pode chamar doutra maneira. Nunca
me atrevín a falar deste tema, cada un ten o estilo que ten e punto, pero este ano a Gala
dos Goya, foi a gota que colmou o vaso.
O sábado pasado, como telespectador
de tal evento, vin detalles que decían ben pouco dalgúns dos nosos “artistas”.
Como actores está claro que fan uns papeles que te cagas, boísimos! Unha pena
que non poida decir o mesmo, acerca do pouco estilo que teñen levando traxe e
garabata na vida real. Uns auténticos pailarocos, diría eu!
Se tes que subir a un estrado a
recoller un premio, sabes de sobra que vas ser o centro de tódalas miradas,
neses casos tanto a vestimenta como o saber estar é todo. Entrar a escena coa
chaqueta do traxe desabrochada, é unha conduta ben pouco elegante, o mesmo
digo do que estaba sentado con tódolos botóns abrochados. Tería frío? ou aquel
outro que a garabata lle chegaba de aquí a pasado mañá (nin que fose para
limpar o “pizarrillo”). Todo ten a súa medida, non hai que ir de pailán pola
vida…!
Mercar traxe, está visto que o merca
calquera, vestilo tamén o viste calquera, ata o menos garboso ten traxe (aínda
que sexa no armario); pero de aí a levalo con estilo e harmonía, hai un abismo. O ESTILO é algo que se aprende co tempo e no
camiño, uns apréndeno rápido, a outros lévalle parte da vida e outros morren
sen el. Por qué será que todos queremos ter máis?
Está claro que en esto do estilo, a vestimenta
xoga un papel importantísimo, non tanto como o que vai dentro, pero si ten
moito que ver. A elección da vestimenta, require dun tacto especial, hai que ser moi
coidadoso, dándolle a importancia que se merece e non pasala por alto como “Perico
por su casa”. Aínda que as veces dar coa combinación adecuada, (traxe-camisa-garabata);
pode ser un verdadeiro rompedoiro de cabeza, xa que non é o mesmo elexir vestimenta para ir a un enterro, unha cea de
empresa, unha voda, ou un guateque, cada
evento require da súa indumentaria, pero aínda así todos teñen algo en común.
Coa finalidade de potenciar a imaxe, buscando
un toque de elegancia e distinción, aquí vos deixo catro reglas básicas para un
éxito asegurado. Sabemos que un super
estilazo, non se consigue de repente, nin de hoxe para mañá, pero seguindo estas
pautas (que nun principio todo HOME debería coñecer); pódese evitar ir de
pipiolos pola vida.
Non vaia ser que algún día nos
nominen aos Goya… !
A GARABATA pode ser lisa, a raias, con
lunares, estampada, bonita ou fea, pero eso sí, debe ser máis escura que a
camisa, non rebasar a febilla do cinturón nin ser máis ancha que a solapa do
traxe. Vamos! Que non pode tapar o paquete nin quedar pola mitade da cervecera.
(pecado moi común)
Cunha CAMISA estampada, unha garabata
lisa vai de perlas e viceversa tamén.
Se optas por un TRAXE a raias, tanto
a camisa como a garabata deben ser lisas dunha sóa cor.
Para un evento informal a garabata de
estampados grandes é ideal.
Se a chaqueta ten máis dun botón, o
de abaixo sempre desabrochado ata o momento que te sentes, situación na que se
desabrochan todos.
O cinto debe ser da mesma cor que os
zapatos, o ideal sería que os zapatos fosen da mesma cor que o traxe, non sendo
así, estes deben ser negros, excepto se o traxe é marrón, gris claro ou azul
marino, neste caso os zapatos deben ser de cor marrón.
Polo contrario si eres un tipo
decidido e queres arriesgar con outras combinacións menos clásicas e máis
atrevidas, ánimo! Podes botar man de dous estampados (camisa-garabata); pero
sempre un estampado grande con un pequeño. Dous estampados do mesmo grande,
unha auténtica pallasada.
Preocúpate en todo momento de que os
puños da camisa asomen tímidamente nas mangas da chaqueta. Non vaias pola vida
como algún aspirante a presidente!
En cuestións complementos, o reloxo é
unha peza fundamental, polo tanto se é de “pichi clas” preferible que o deixes
na casa. Ah! Non sei se sabes, que un home sen reloxo perde a metade e “sen
zapatos” a outra. Xa ti vas vendo... !
Aínda que só sexa, gástate o soldo do
mes, entre un bo par de zapatos e un automático suizo.
Déixate de pilas!
Comentarios
Publicar un comentario