Ao solaz da campá
Ben certo é que algunha vez óense
campás e non se sabe onde. Aínda que coa cantidade de tipos que hai, saber cal
é cada cal, xa ten o seu mérito. Temos as de Bastabales, as de fin de ano, as
de Belén, a de campanas al vuelo, Cristo da Campana, a campana da cociña, ao
son das campanas, volta de campana, campanas sobre campanas, e salvados pola campana. Entre moitas outras!
Que terá este dichoso instrumento...?
Eu neste relato, non pretendo diferencialas nin moito
menos, só quero facer unha referencia explícita a un tipo de campá en concreto, como é a nova campá da parroquia de San Adrián do Cotarelo.
Buff...! Vaia pasada!
Anos atrás, cando aínda a parroquia
non chegara a tanto modernismo, tódolos días ben cedo, Pepiño (o fillo do sacristán);
agarrado á corda do badalo e tiritando de frío, daba a señal do comezo da misa.
Que gustazo escoitar o son daquela campá de bronce pulido, na cal se podía ler GENOVA
ANNO 1752. Libre dun enterro, un cabodeano ou os domingos que lle batía por
duas veces, a campá agardaba mutis o resto das horas, pero agora (que xa non foi sen tempo), tamén chegou a revolución industrial ó Cotarelo. Don Avelino (o cura da parroquia), ata que a reemplazou
non parou! Doulle por mercar unha campá desas de melodía polifónica, alá andou
remexendo e remexendo ata que nunha páxina china a conseguiu cos cartos da
parróquia, agora só lle falta poñer no altar algo de cor, algo así como unha coroa de
circonitas de imitación.
Que razón tiña o finado de Eladio,
cando decía: “Non botamos nada de menos,
ata que non o temos”
Neste caso a CAMPÁ e o SILENCIO.
“Din din Dun - Din din Don” xa pode ser
as 3 da mañá como as 4 da tarde, sempre coa mesma retrónica, tódolos días e a
tódalas horas a mesma musiquilla de marras. Está visto que aos feligreses tanto
a campá como os valores súdalla.
Dende aquí quero facer un chamamento á
capacidade auditiva do Sr. Cura, xa que a campá que mércou é de “pichiclás” polo menos que faga algo para facela o máis dinámica e casual posible, acorde aos tempos que corren, música real coño!
A miña recomendación é que a cada hora poña súa
canción, e que se deixe de melodías con tonos insulsos nin pollas! Tampouco
pretendo que poña MAXIMA FM non vaia ser que Don Avelino “se cague por la pata”.
Ao meu entender, as 10:00 non viría mal unha de Manolo Escobar, as 11:00 unha
dos Chunguitos, as 12:00 unha do Fary e así sucesivamente ao longo do día, alá
pola tardiña aínda que sexa que poña unha de Modern Talking para cambiar de
solaz. Jajaja!!!!
Un saúdo lectores de Paparroda. Quérovos!
Comentarios
Publicar un comentario