O Limoeiro
Antes de nada, quero facer alusión
ao tema a tratar neste post. Non é porno, nin vai de política, pero debido a
súa peculiaridade, tampouco é apto para tódolos públicos. Digo esto, para que
se absteñan repipis, estiraos, e os de cagarría mental severa. Non vaia ser,
que lles dé un patatús e irriten o cutis.
Vou falar dos limoeiros. Sí,
unha palabra bonita e de dificil pronunciación para certos foráneos.
Penso
que ter limoeiro, merece moito a pena, non só polo bonito que este é nin
pola frescura que desprende, se non polo beneficiosa que é a súa froita para o
noso organismo. Para ter un
limoeiro, non fai falta vivir en Lousame, nin tampouco en Carril, Móstoles ou
Estepona. Tense é punto.
Teño que confesar que os cítricos
sempre foron a miña debilidade, encántanme! Xa poden ser mandarinas, pomelos, laranxas (as preferidas);
ou limóns, que con Gin, teñen bo rollo.
Hoxe en día, hai varios
factores que determinan, ter ou non limoeiro. O primeiro, é que non se queira
(hainos amargados que non lles fai falta). O segundo, é que aínda non se
plantexaron telo, e por último ser un repipi de primeira. O resto non ten
perdón de Dios.
Non dispor de horta nin
xardín, non é un problema. Non pasa nada…! Aínda que sexa, plantádeo no da
comunidade. De seguro que máis de catro, volo agradecerán… Hai xente para todo!
Como os limoeiros son árbores
que se pasan anos e anos, dando froito sen rechiar, vou dar unhas pautas a
seguir, para ter na horta a envexa da vecindade (o limoeiro perfecto). Catro cousiñas que de seguro
moitos xa coñecedes, pero recordalas nunca veñen mal!
Normalmente o primeiro erro
que se comete, é no momento de mercalo, sí, búscase unha árbore vizosa con flor
e se ten froito moito que mellor, eses limonciños pequerrechos, que bonitiños
son! Aquí está a primeira metedura de pata, xa que os cítricos en condicións
naturais, tardan 3 anos en dar froito (máis adiante explicarei como determinar
a idade); polo tanto, se ao mercalo xa ten limóns, mal rollo! Eso significa que
está de hormonas ata a perola. Sendo así, é preferible elixir outro.
O vendedor fai o que sexa
con tal de vender, pero non se debe adiantar (e menos químicamente); un proceso
natural se a árbore non está desarrollada. No momento de formar raíces, non é
propicio malgastar enerxía mantendo froito.
Ven sendo algo así como medicar
unha nena para que teña menstruación os 7 anos.
Referente a poda, varios son
os puntos a ter en conta: Sempre se fará coa lua en cuarto menguante (momento
en que esta leva menos forza); para que non “chore”
Chegado a este punto, é
necesario explicar o procedemento a seguir para averiguar a idade do limoeiro nos
primeiros anos de vida, máis que nada,
porque ata os tres anos non se debe podar.
A árbore está formada por
raíces, tronco e copa, no primeiro ano a copa está formada só por ramas
principais, nunca deben ser máis de 4 No segundo ano, estas ramas principais xa teñen
brotes considerables. No terceiro ano é cando estes brotes, teñen brotes. Parece
algo de rollo, pero sei que vos quedou claro, que no fondo é o que importa.
A primeira poda farase o día
da plantación, co único fin de conseguir a cantidade de ramas principais que se
desexe. Non se volverá a podar ata os 3 anos, excepto eses brotes perpendiculares que tiran cara
arriba como chispas.
Pasados os 3 anos (nas luas
de febreiro ou xuño); farase a poda de formación, aplicada ás ramas principais,
co fin de darlle estructura a copa.
Ao largo do ano (sen ter en
conta o mes); deberase facer podas de mantemento, cortando ponlas esgazadas e
puntas secas.
Non esquezas ter cerca,
lavanda e menta, para repeler plagas.
Que o disfrutedes!
Comentarios
Publicar un comentario