Explotación laboral

Imaxe: Google
Comezamos o mes cunha proba evidente de que o coche se lava pouco, a ponla de xesta metida na defensa, rematarémolo con ela seca e chisnada tamén. Pasa o mesmo que coa  propaganda electoral, poñer logo se pon, pero quitala xa Dios dirá.

Entre tanta ramallada, o primeiro día do mes tamén foi o día do traballador, vaia día! Moitos celebrámolo descansando, aínda que lóxicamente debería ser o contrario. Na festa da tortilla cómese tortilla aínda que os ovos non sexan da casa,  na da salchicha salchichas, na do viño a fartar, na do cocido pernil a dios dar e na do traballo, salvo bares e quioscos que sempre están abertos, non traballa nin Dios. Curioso, a que sí?

...Por eso mercalo pan non foi doado.

Atopábame en total deleite, nunha coñecida e moi tranquila cafetería da capital, ata que as innumerables pancartas da manifestación cegaban as marabillosas vistas do local, tal rebumbio non fixo outra cousa que convidar á reflexión mentras remexía o café ao son dos cantos sindicais, meditando sobre o dereito laboral.
Mellorouse moito dende que os galegos de sol a sol segaban trigo en Castela, durmindo como os cans no medio da palla, ou os que traballaban nas granxas extremeñas, onde un par de sacos vellos lle servían de cama. Tanto uns como os outros tiñan os seus dereitos como traballadores. Esixiríanos?

Parece que o de Castela queda moi lonxe, pero inexplicablemente na actualidade está pasando o mesmo, hai quen traballa xornada completa por media, hai quen é despedido cunha man diante e outra detrás, porque sí, outros fan máis horas que monos, sen saber se as cobrarán para o mes, para finais de ano, para o ano que ven ou sabe deus cando. 
Cantos non cobrarán...?

Aínda que os traballadores vexamos en diagonal os nosos dereitos ao ras do chan, seguimos como en Castela, sen esixir nada como daquela.



Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)