Sol e candil

ARTESAN

Que pobre é aquel, que non ten máis pasatempo que ver pasar o tempo.

19-01-18
Esto foi todo queridos seguidores, agardo que resultara do voso agrado.
Se queredes seguirme na próxima artistada, só tendes que pinchar AQUÍ 



Aquí vos deixo esta pinza da roupa (artiluxio que todos coñecemos), para que sirva de referencia dimensional da obra









O propósito desta peza é tapar o mecanismo de pechadura



Vista da parte interna da cúpula

Parte posterior da aldraba




Nunha obra ao xeito, nunca pode faltar unha dedicatoria personalizada

Mecanismo de bloqueo para manter a tapa aberta



13-01-18
A piques de rematar a obra, sinto no meu interior unha profunda mestura contraditoria de alegría e tristeza, por un lado nostalxia por dar fin a un traballo que tan a gusto realicei e por outro ansia por empezar con outra ARTISTADA





Apliquei a primeira man de cera con dúas gotas contadas de betún de judea, agora queda agardar a que seque e logo "dar cera, pulir cera" para acadar un resultado de espectáculo.



08-01-18
Non hai muller fea senón mal arranxada, o que fai o maquillaxe! Á madeira pásalle o mesmo, coas imperfeccións tapadas é outra cousa, aínda que eu non son partidario de eliminalas por completo, por algo son pezas únicas.
Este producto de Aguaplast fai marabillas.





30-12-17
Nunca mellor dito se digo que esto empeza a coller cor, hoxe tocoulle a primeira man de tinte, un acrílico de Libéron acabado castaño, que promete quedar de perlas. Levo uns cuantos anos usando este producto xa que o resultado sempre é o agardado. 







13-12-17
Debido a que a humidade atmosférica que temos estes días é moi alta, tiven que agardar 48h a que secara por completo a primeira capa de protector,  Xylazel fondo,  este producto vai como Dios! Hoxe tocoulle o turno a Xylamon, o seu traballo é tan formidable que tamén compite pola morada celestial.  
Agora non queda outra que agardar outros dous días como mínimo, para empezar cos tintes. 






08-12-17
Tema bisagras resolto. "Tema zanjado".



06-12-17
Día de lixa e mascarilla. Presentación das bisagras.






01-12-17
Estéticamente a madeira ofrece un abanico sorprendente de posibilidades debido ás súas múltiples tonalidades. Aínda sendo da mesma árbore, cambia a cor dependendo se é do centro ou do exterior da peza.






29-11-17
Colocación da aldraba






27-11-17
Dándolle forma ás primeiras fiadas frontais, agardando adaptar a aldraba para  cravalas.  




Aire de cepillo para desbastar, axustando con escofina media



24-11-17
Rematado outro ferrancho máis, un trebello de ferro para o bloqueo da tapa cando está aberta.





22-11-17
Xa están colocadas as primeiras lamas da cúpula, comecei pola parte posterior (onde menos se ve) co propósito de ir afinando, coller destreza e deixar un frontal apoteósico con todo o seu esplendor. 




O desta cola branca todo son ventaxas, fácil de limpar, pega fenomenal e rápido, ao secar vólvese transparente ata o punto de que se confunde coa madeira, excelente para tapar imperfeccións.




05-11-17
Preparando o tellado. 
Estas pezas son para construir as fiadas horizontais da cúpula, teñen 28mm de ancho para que dunha vez traballadas, queden en 20mm máis ou menos, co único propósito de que o trazado do carpanel sexa o máis regular posible, evitando deste xeito que se noten as fiadas.







01-11-17
E veña máis fotos! 
Nunca tal pensaron aqueles carpinteiros meticulosos e tan precisos, que chegaría o día no que os defectos da típica imperfección humana, se revalorizarían fronte á exactitude e rapidez mecanizada.

Deste xeito (cargado de mera imprecisión) quedan rematados os arcos que ansiosamente agardan o ensamblaxe da cúpula.








31-10-17
Remato o mes de outubro con esta actuación na volanta do arco cego dereito, que recorda a unha sunbonnet con moita clase.



A satisfación de traballar madeira de castaño, é comparable ao de presumir de moza guapa






25-10-17
Dende tempos inmemoriales as persoas sempre quixemos preservar as nosas pertenencias. A cerradura desta arca non é que sexa biométrica nin moito menos, pero eso sí, ten unha protección acoirazada como Dios manda.


O toque rústico que lle quería dar ao protector, con estes cravos conseguino con creces






Cravos feitos expresamente para este protector


23-10-17
Esta actuación inesperada, foi necesaria para tapar a fechadura na parte interior do cofre

Debido a que o pecho ten máis fondo que o propio panel frontal, tiven que realizar esta peza para tapar o mecanismo de cierre, na súa parte traseira, está pegada e cravada

Vista exterior da peza

Vista interior

Oco necesario para embutir o que sobresae o mecanismo

Esta imaxe corresponde á parte posterior do mecanismo de cierre



Este era o aspecto da peza sen pulir




21-10-17
Xa está baleiro o oco de embutir a fechadura. 














13-10-17
Hoxe empecei unha das pezas, que xa os romanos no seu día se chuleaban con elas. Xunto as bóvedas, os arcos tíñannos no máis alto do pedestal presumindo de precisos. Logo do café, púxenme co arco cego dereito, pola súa forma coñécese como carpanel, apainelado ou cicloidal. De momento as vibracións son as agardadas. Very Top!  ao que podía ser.










Madeira de castaño, non iba ser menos!



02-10-17
Logo de ter listas as soldaduras correspondentes, só queda lixar para ter a pechadura rematada. 











Esta é a aldraba orixinal da cerradura, tiven que sacrificala para aproveitarlle o gonzo

28-09-17
Esta terceira actuación (á espera de catro toques), vai camiño de marcar indicios e codearse cara a cara coa elegancia.






27-09-17
Segunda actuación.







26-09-17
A última ferranchada deste cofre, vai ser a aldraba. Este mecanismo utilízase para pechar portas, consiste nunha barra que encaixa a perfección na cerradura para que esta a trabe. Son consciente de que é a primeira actuación da peza e queda moito que bourar nela, pero o mellor do conto é que este dichoso afán xa comezou a transmitir boas densacións. Agardo que disfrutedes da quenda.





Na parte inferior da imaxe, apréciase a "muesca" para o encaixe da articulación




24-09-17
Cando a motivación bota por fora, dá igual que sexa domingo ou festivo, de feito hoxe levanteime con toda a ansia do mundo para meterlle man a xa famosa e difinitiva bocachave. A intención era trasladarme a Idade Media, para darlle un toque a castelo do S. XII en plena época de cruzadas. 
Estou contento porque vexo que o conseguín, e o importante é creelo!  


Feito con: martillo, taladro, lima e moita imaxinación













22-09-17
Por unha vez máis, vou quedar con eso de que correxir é de sabios. O día 9 deste mes (a pesar de non ter claro o tipo de cerradura que utilizaría), daba comezo ao bocachave, pero  recoñezo que para unha cerradura de aldraba como a que vou usar,  non me enche tanto o ollo como eu creía, pero non hai nada perdido, aquí como na casa do pobre, aproveitase todo, polo tanto, esta peza que a priori ía ser unha bocachave, vai ter outro destiño. Con ela forxei unha chapa co logo Toutonplace, tipo escudo Idade Media. O resultado gústame moito!
Nota: Coa obra rematada a día 19-01-2018 esta peza por motivos estéticos e de espacio decidín deixala no tinteiro, pero non hai nada perdido.


Cravos auténticos, feitos en forxa para a ocasión



Logo Toutonplace 2018


21-09-17
Acabo de recibir o pecho, unha cerradura con aldraba que vai quedar de perlas nesta obra.




15-09-17
Hoxe tocou presentar os laterais, queda moito que pulir (sobre todo na parte superior), pero todo se andará. A madeira usada é castaño do país.


Os catro esquinais montados


Vista do ensamblado na parte inferior da montante

Por hoxe xa menos mal


11-09-17
Chegou o momento de ensamblar as montantes posteriores, realicei a subxección con cola para madeira e clavos. Cando seque, quedará tan resistente como unha pedra ben dura. 






09-09-17
Aínda non teño claro o tipo de cerradura que utilizarei, pero ao ver pasar toda campante, a inspiración por diante dos ollos, non dubidei en trincala polo gañote (garneato), para dar comezo ao bocachave da pechadura. 
A ver que sae desta peza enferruxada!


A inspiración parte desta imaxe vista na web


07-09-17
Este recorte de viga (dura como a peste), vai vir de perlas para sacar dela os paneis traseiro e costados.


Nótase que o destiño desta peza era para ser viga, vese claramente que o proceso de secado foi moi lento e tratado con mimo. O estado de curación é excelente, arrecende que da gusto.

O inconveniente de traballar unha peza destas dimensións, é que o corte ten que ser "a pelo" (a pan de millo) 


24-07-17
Para as montantes, utilizo un esquinal de ideación propia, formado por dous ángulos de 135º e 15 cm de altura. Xa arrabeo coas ganas de montalos!


Esquinais realizados en madeira de castaño e coa primeira capa de anticarcoma dada








21-07-17
Rozar a proporción Áurea cun recorte de 28x18x1,8 cm non foi o máis interesante do día, xa que un cepillado rústico estilo gallego en Mallorca, rompeu moldes. Logo dunha capa de Xylamon antitermitas, este é o resultado acadado


A madeira quedou encharcada de Xylamon antitermitas, aplicado cun pincel duro. Aquí non entra a carcoma nin a tiros


20-07-17
Hoxe tocou unir as tres pezas, que polo momento conforman a base da obra.


Con un pincel apliquei Rakoll Express 35, unha cola sintetica para madeira incolora ao secar. Aínda que esta cola está indicada para manualidades, a madeira seca únea fenomenal.





19-07-17
Como non debe ir o carro antes que os bois, nin tampouco se debe comezar a casa polo tellado, esto tampouco vai a ser menos. Coa inspiración que hoxe tiña no corpo, dei comezo ao que vai ser a base, formada por tres pezas.


Para a base utilizo un listón de madeira foránea, moi parecida ao sapeli, pero un chisco máis dura

Un pouco de cepillo basto para recender a madeira


O resultado son tres pezas de 30x7x2 cm 

De momento queda moito que pulir, pero todo se andará

30-05-17
Non sei porque será, se pola temperatura primaveral de hoxe, polo Ibex 35 ou polo cantar das píllaras, pero levanteime coa vena artística a flor de pel, sensible, sensible, tan sensible e impoñente que me engatusa canto quer. I love it!

Como os días son largos, hai tempo para todo, estar coa familia, traballar, redes sociais, pasear, lectura, fotografía, de can de palleiro, praia, ciclismo, running, tomar uns cacharros á sombra, e se cabe, partirlle os morros ao pin-pin que lle meteu o cacho de madeira á cerradura da porta do garaxe.

Aproveitando a inspiración que teño encima, dou comezo a un proxecto de larga duración, dándolle caña nestes días de moita luz, logo a caída de folla do outono plagarame de forza creadora. Cando veña o inverno a chover, terei as pilas cargadas, e aínda que sexa coa luz do candil a festa está armada.


Tamén quero poñer a proba, ao todo poderoso Blogger, a ver se nun único post é capaz de soportar tódalas fotos que eu queira, a idea é ir colgando según a evolución da obra, sempre acompañada dos comentarios que considere oportunos.

Para tal efecto creo unha pestaña chamada ARTE.



Que o disfrutedes.



Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)