Infernal

Nestas datas que corren, de tanto Hallowen e tanta Castaña, considerei oportuno mostrarvos “Infernal” un relato baseado na súa totalidade en feitos reais, traéndovos unha recopilación de frases das lápidas que me atopei no camiño, ó mesmo tempo que iba andando e avistando aquela porta enorme, raída e veteada do inferno. Aquelo estaba todo escuro, pisado con louzas de mármore negro cheas de frases con letras deslumbrantes, sorteando as pisadas entre aqueles difuntos esparcidos, tendidos como mal tirados e desachegados. Aquelo era todo un desconcerto, mesturando choros, gritos e llantos con silbidos, risas e gargalladas. Sorprendeume que entre aqueles tantos centos de inscricións, nun gran surtido de línguas como  árabe, hebreo, finés, inglés, francés, alemán, hasta en turco, italiano e tafilete, non atopase ningunha en galego. Sorprendente!!! Será que no inferno non hai galegos? Paréceme raro…!!!
Estas son algunhas das frases que o longo do camiño fun traducindo para que vexades de que vai a cousa.
“Por min vaise á cidade doente”, “Por min vaise a eternal dor”, “Por min vaise coa perdida xente”, así ata chegar diante daquela porta onde había una lápida enorme na que se leía “Perder toda esperanza ao traspasarme” xunto daquél muro cheo de cornos e buratos escoitaba o murmullo de xente penando, nun campo repleto de velas prendidas, perdéndose na neboa reflexada nas bágoas no remanso daquel río. 
Polo tanto esa teoría de que no inferno non hai outra cousa que montes e moreas de bolas de fuego, non sei si será de todo certo. 

Nota:
Para a recreación de “Infernal” inspireime na obra “Divina Comedia” de Dante Alighieri; de onde saíron as frases das lápidas.



Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)