A miña plantación de tomateiras
Con este post non só vou facer un seguimento das tomateiras que plantei hoxe, tamén vou demostrar ao mundo que por estar a finais de maio, non hai nada perdido. Como vén sendo habitual, tódolos anos por esta fecha, planto nun anaco de xardín (que algún día tivo cesped) detrás da casa, dúas dúcias de tomateiras. Hoxe, logo da comida, deille con toda a ansia para deixar o choio feito, o malo é que este ano despisteime un chisquiño, van con quince días de atraso pero... Con que veñan para agosto, (alá para aquela, cando esté de vacacións) veñen a tempo dabonco.
O que si teño claro é que os tomates totalmente ecolóxicos destas tomateiras, ademais de facer moi boas ensaladas, van ser a envexa do vecindario como de costume.
Cada semana colgarei fotos para que vexades a súa evolución.
08 de septembro
Moi satisfeito con esta plantación 100% ecolóxica. Como dicía un compañeiro "a esgalla" tomates a esgalla. De todas maneiras para o próximo ano procurarei non durmirme nos laureiros e plantalos cando hai que plantalos. Con esta imaxe, dou por concluída a publicación deste post.
03 de septembro
Agora si que si! Tomates por un tubo, Nunca é tarde se a recolleita é boa. Xa vai unha semana a pleno rendimento, e tiro porque me toca!
23 de agosto
Por fin empézase a ver a cor dos tomates, eu xa me temía que fosen azuis con destellos dourados, a estas alturas de ano non era para menos. O destes tomates é un proceso lento pero seguro, recórdame á eternidade que pasou o Real Madrid para conseguir unha Champions a toda cor...
26 de xullo
Tomates para finais de agosto, tomates para dar e tomar, prácticamente tódalas tomateiras con proxecto de froito.
20 de xullo
Non sei se rir ou chorar
Iste é o tomate máis adiantado de toda a plantación. Como serán s outros...?
7 de xullo
O primeiro tomate
Proceso lento pero seguro, a este ritmo nin tomates para Semana Santa.
26 de maio
Día da plantación

No medio do manoxo, tamén veu un pemento. A ver que é del!
Deséxovos un estío impresionante, que o disfrutedes!
Comentarios
Publicar un comentario