Non sen el
Xa fai tempo que non escribo
un post, adicado plenamente ao software, polo tanto, aproveito a excusa deste
finde "terrorífico", para espallarme coas últimas fornadas softwarísticas.
Salvo os que lles da igual Xan que Pericán,
os que viven afastados da face da Terra, ou aqueles outros que buscan unha
estabilidade egocéntrica bagando polas periferias da Biosfera, o resto dos
nacidos (xa dende ben novos); usan smartphon. Que non son poucos!
Polo tanto vou falar dunhas aplicacións moi
recomendables para un gran número de usuarios, como son todos os que suben
fotos as redes sociais. Que tampouco son poucos…!
Aplicacións que con escasos e sencillos pasos, ofrecen multitude de
filtros e texturas varias, conseguindo desta maneira darlle un toque personal
as fotos, por exemplo, plasmar un resultado “tenebroso” nestas datas de
Halloween (Samaín para os autóctonos).
Quen non viu fotos con arañas, calaveras ou
a típica calabaza con ollos ardentes en forma de led?
Tamén é sabido que os hai que parten con
ventaxa, sí, a máis de catro non lles fai falla filtros nin texturas, así como cho digo! Son uns
afortunados de nacemento por dicilo dalgunha maneira, con só amosar o seu careto,
xa é suficiente para obter esa imaxe de espanto e arrepío. Que se lle vai
facer...!
Xa vale de coñas!
Verdadeiramente é unha pena non aproveitar a
potencia que hoxe en día entregan os
smartphons, sobre todo para edición de imaxe, cando fai poucos anos
era terreo exclusivo de programas de escritorio. Tamén hai que ter en conta que
se tes un smartphon como unha pataca perralleira, non tes a onde ir, nin que
editar, só che queda mirar os traballos que colgan os demáis, e vas que chutas!
Fai que corra a pasta, modernízate!
Apártate da monotonía, anímate a saltar a
poza e usar calquera das aplicacións que menciono neste post, quedarás sorprendido
co fácil que resulta o seu manexo e non só eso, de seguro que consigues darlle
ás fotos un toque Halloweenense ao máis teu puro estilo. Por un momento serás o rei das redes sociais,
por exemplo Instagram. Unha foto catro filtros e veña! Sen dúbida esta é a rede
que máis saque está tendo.
A miña opinión referente a Insta, é que agora
mesmo fai falla ser un carca sumido no olvido, para non ser adepto a rede
social de moda. Decindo esto, parece que dou pé a entender que é a aplicación
perfecta, pois non, como aplicación punteira en filtros, quédalle moito que
desexar, o que sí, é un trampolín perfecto para mostrar aos amigos as túas cousas.
Aínda gardo un recordo bonito entre todos
aqueles bordes e filtros, a pesar de facer uns cuantos anos daquela primeira
foto que subín a Instagram, sinceramente creo que era unha aplicación máis que
soberbia para principios de década.
Pasaron os anos e viñeron novas
actualizacións pero, tanto os bordes como os filtros, prácticamente seguen
sendo os mesmos que daquela; “catro” comparado cos que ofrecen Snapseed, Pixlr
ou o mesmísimo Ps Express. As tres son de balde e referentes en edición
fotográfica. Coa cantidade de filtros, capas e máscaras é moi fácil conseguir
resultados sorprendentes sen necesidade de ser un crack.
Curiosamente detrás de cada unha delas están
Google, Autodesk e Adobe respectivamente, tres peixes gordos de agárrate que
hai curva, sería para darlle unha boa
palmada na caluga e mandalos para a casa se non fixeran cousa boa.
Un dato curioso, é que algunhas potencias
mundiales como é o caso de Adobe non dispoñen para Android tódalas aplicacións
que sí teñen para iOS.
Existen mogollón de aplicaciónns moi
potentes especializadas en temas concrectos
de edición, como son: SketchBookX, Canva ou VSCO Cam entre moitos outros, se ti
coñeces algunha que mereza a pena, non te cortes e faino saber.
Comentarios
Publicar un comentario