Masa de empanada sen lévedo
A cociña tradicional está chea de preparacións sinxelas que foron pasando de xeración en xeración, e a masa de empanada de trigo sen lévedo é un bo exemplo diso. Esta receita destaca pola súa facilidade, conseguindo unha masa suave, manexable e perfecta para todo tipo de recheos, tanto salgados como doces. Ideal para quen busca unha alternativa rápida sen tempos de fermentación, esta masa conserva o sabor auténtico das empanadas caseiras, converténdose nunha opción práctica e deliciosa para calquera ocasión.
Consideracións a ter en conta:
- A fariña debe ter un 10% de proteína como máximo (Figura 1)
- A leite mellor que sexa enteira
![]() |
| Figura 1 |
Ingredientes:
700g de fariña de trigo
200g de aceite
210g de leite
14g de sal
1 ovo
Procedemento:
Para esta masa utilízase o aceite do rustrido da empanada co pimentón incluido (zaragallada), no caso de facer un rustrido sen pimentón hay que engadir 10g de este á fariña.
Nun recipiente bótanse 700g de fariña de trigo, 200g de aceite do rustrido (se non é suficiente botar da botella) e 10g de pimentón se o aceite do rustrido non o ten, 210g de leite, 14g de sal e un ovo.
Mézclanse os ingredientes cun lixeiro amasado, ata conseguir un color uniforme, faixe unha bola, tápase (por exemplo como se mostra na Figura 2) e deixase repousar media hora.
| Figura 2 |
Pasado este tempo divídese a bola en dous, unha parte un chisco máis grande que a outra. A parte máis grande é a primeira en estirar co rodillo, esta será para o fondo da empanada.
Que o disfrutes!

Comentarios
Publicar un comentario