Patacas bravas

Patacas en salsa Brava

Este prato é un dos grandes clásicos do tapeo en bares e tabernas. 

As patacas, hai que cortalas en dados de bocado, fritilas sen presa para que queden ben douradiñas, que se vexa que tiveron unha fritura coidada. 

A salsa bótase por enriba sen tapar por completo as patacas

O que se busca dunha salsa Brava é que pique, pero sen que sexa a rabear, ten que ser un picante agradable, que estimule o paladar sen saturalo.

O resultado é un aperitivo de enorme popularidade por unha razón moi sinxela: combina a pataca fritida (que nos gusta a todos) cunha salsa que achega viveza, intensidade e un punto de emoción en cada bocado. 

Un clásico intemporal, que demostra unha vez máis como ingredientes humildes, poden converterse nunha experiencia gastronómica memorable.

ingredientes:

4 patacas

1 cebola

4 allos

1 pementa caiena

1 cullerada de pementón doce

½ cullerada de pementón picante

2 culleradas de fariña de trigo

1 vaso de auga

½ vaso de viño

Chorro de vinagre de mazá (1/2 chupito)

Sal

Aceite para o rustrido e fritir as patacas 

Perexil fresco para decorar




Rustrir cebola, allo e pementa caiena, esta retírase cando o rustrido vaia medio feito


Cando o rustrido estea listo, engadir unha cullerada sopeira de pementón doce e case media cullerada de pementón picante. Acto seguido añadir dúas culleradas de fariña de trigo e remexer todo


VIÑO BRANCO

Logo de ter todo medianamente mezclado, añadir un vaso de auga, medio vaso de viño e un chorro de vinagre balsámico de mazá (1/2 chupito)

VINAGRE BALSÁMICO DE MAZÁ

Levar a ebullición remexendo constantemente ata que espese. No suposto caso de que quede moi espeso hai que engadir unha pouca auga


Logo de espesar hai que triturar




A salsa Brava debe ter unha consistencia algo espesa, non pode ser moi líquida


É tan importante acertar coa variedade de pataca, como afinar coas técnicas culinarias. 

A reina das patacas fritas é a variedade Agria 

Hai que repousar sobre papel absorbente para retirar o exceso de aceite



Unha cervexa ben fría, lévase moi ben co picante


Se queres sorprender aos teus, failles esta receita!


PINCHA AQUÍ PARA VER MÁIS RECEITAS


PINCHA AQUÍ PARA IR Á PORTADA







Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)

Os cans da miña aldea