Empanada de MILLO

Encaixa dicir que esto si que é un verdadeiro "OnlyFans" digo isto porque este post non o vou a compartir nas redes sociais, só o veredes os que seguides PAPARRODA.

De aquí en diante haberá máis deste estilo.

Xa vai duns cuantos anos que levo facendo PAN, e a verdade é que estou moi contento cos resultados, tanto visual como gustativo, encántame o pan que fago!!!

Agora avancei un paso, metinme no mundo das empanadas de MILLO, teño que dicir, que me estou perfeccionando como é debido. De momento fíxenas de zamburiñas, sardiñas, mexillóns e polbo. As de hoxe son de sardiñas e polbo. 

Sigo ensuciando moita cacharrada pero bueno... Non todo vai ser perfecto!



É unha pena que non poidades peteirar un cacho de cada unha...!


Por si alguén se anima, aquí vos deixo os ingredientes da masa para unha empanadeira de 37,5 x 46,5cm estas son as medidas dos fornos que temos todos nas casas.

500g fariña millo (mércoa na panadería "O muiño" Ribeira)
150g fariña centeo (mércoa na mesma panadería)
100g fariña de trigo de forza con 11,7g de proteína. (Gallo Fuerza >300)
15g de sal
1,5g de levadura seca (fermentación en frío) 16h
auga fervendo para escaldar

Estas empanadeiras tan xeitosiñas merqueinas en Max China Ribeira, 6€ con algo cada unha.

Un saúdo e ata a próxima







Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)