Empanada de xoubas

Empanada de xoubas: un bocado con sabor a Galicia

Esta empanada é un dos grandes referentes da gastronomía galega. Forma parte dunha tradición culinaria na que o saber popular soubo mantela viva xeración tras xeración. 

Non é esaxerado afirmar que quen nunca probou unha empanada de xoubas, está a perder unha das experiencias gastronómicas máis auténticas e xenuínas de Galicia. Así de claro!

A xouba, é un peixe azul, polo tanto Omega-3 por un tubo, é un peixe moi apreciado nas costas galegas. A tempada óptima para o seu consumo vai dende maio a outubro. Pode degustarse frita, guisada ou convertida no ingrediente estrela dunha empanada, como vai ser o caso. O seu intenso sabor mariño intégrase á perfección co rustrido tradicional, dando lugar a unha zaragallada cargada de matices e Omega-3.

Abonda con percibir o arrecendo que sae do forno! 



Primeiramente hai que limpalas, sacarlle cabeza, espiñas e soltarlles unhas areas de sal como quen non quer a cousa...



Aromatizar con romeu o aceite no que se vaia a facer o rustrido, 1 minuto a fuego baixo é suficiente, pasado ese tempo, retiralo


Botar uns dentes de allo picado e seguidamente a cebola e o pemento verde. Hai que ter especial coidado de non queimar a cebola




Cando o rustrido estea listo, retirar do lume e engadir as especias, media cullerada de postre de pementón e outra media de cúrcuma (a cúrcuma pódese sustituir por azafrán ou colorante) 
Remexer para incorporar uniformemente as especias


O rustrido hai que escurrilo moi ben, ese aceite utilízase para pintar o fondo da empanadeira e a cara superior da empanada (como mostro no vídeo)



pintar non é empapar!


Como falar de fornos é un mundo aparte, os seguintes datos son a modo referencia

Forno quente a 200ºC

Colocar a bandexa na 2ª balda empezando por abaixo (10 cm da base)

20 minutos a 200ºC só calor abaixo

15 minutos a 200ºC calor arriba e abaixo

Nestes casos, usar o sentido común é a mellor solución. Se ves que a empanada aínda non está feita, dalle 5 minutiños máis! Non sexas tacañone.




















Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)

Os cans da miña aldea