Que lle den ao difusor dourado!!
Por circunstancias da vida, xa fai algún ano que coñecín o dono do chiringuito Emiliano (o nome ven en honra ao seu avó catalán. Que descanse en paz); Moisés, un bo amigo valenciano, natural de Benifaió, de familia hosteleira, alegre e falador cun sorriso a media retranca, espabilado e moi mañoso que sen agardar polo agosto, quen sabe xa os kilos de arroz que vendeu o condenado no que vai de ano.
...Recordo daquela cando se quería facer ver, expresándose como un libro aberto, medio rindo e medio decindo que non, contando que o paelleiro tiña que ser de ferro, si!! lestes ben, de ferro (Fe); ou no peor dos casos esmaltado de porcelana, pero nunca con fondo difusor.
No meu interior, moito me preguntei como podía ser posible que un paelleiro de ferro esmaltado, fose mellor que este que teño, co caro que foi!! de sabe Dios que aleación co mellor fondo difusor dourado. Eu xa non sei se se ría de min, se estaba en serio ou me tomaba o pelo, o que si tiña claro era que as súas paellas sabían a gloria. Logo de moitos anos sen deixar de retumbar, por fin esta semana decidín mercar un de porcelana na ferraxería de Mariano, eso sí, co hornillo a gas acorde a súa medida e fixen a paella de toda a vida.
Que razón tiña Moisés, cando medio rindo e medio decindo que non, me mandaba meter todo no queixón, tanto paelleiro como “paellón”.
Agora son eu o que digo: Que lle den ao mellor fondo difusor dourado!!

Paelleiro de ferro lacado e mantel estampado |
Comentarios
Publicar un comentario