Unha de navallas!!
A Catía |
A esta altura
de século non vamos negar que Aguiño sempre foi Terra de medios politiquillos,
titáns entre aparentos e mans cheas, pero ata aquí chegou a tontería. Encontronazo
entre o colectivo de navalleiros e a comisión de festas, non levando a cabo o
que se trata nas reunións, uns sen ir queren opinar como se foran e outros que
foron pasan polo carallo o acordado. Quen entende a esta xente...? O que está
claro é que no medio de todo colectivo sempre hai algún langrán adulador,
vulgarmente coñecido como lambecús que nin está aquí, nin alá, ou será que está
máis alá que aquí? Amigos sí, e festa tamén pero a vaquiña polo que vale.
En tódolos
traballos hai conflictos internos, desavenencias e persoaxes que traicionan por
ben pouco, ou nada. Interesante estar informado. Bravo polo colectivo que
defende os seus dereitos.
Comentarios
Publicar un comentario