Hora SUPER

Contactos no extranxeiro
Por sorte ou desgracia o supermercado é algo que todos frecuentamos con asiduidade, ben sexa por escoitar música de Shakira, aguantar sen fumar, perfumarse ou simplemente pasar o tempo buscando aceites hidrogenados, fariñas de aromas enriquecidos ou unha selección de froitas con sabores xenecticamente  modificados. Persoalmente as laranxas sabor melocotón “me chiflan” Vaia por Deus!!

Nada máis chegar, o primeiro que meto no carro da compra é auga, deterxente e suavizante, os que máis ocupan e tamén os máis pesados, máis que nada porque non me gusta aplastar os iogures, esmagar as galletas nin atropellar as tostadas (odio untar mermelada estilo minifundio); e por último os xeados que con este tempo ben que prestan, pero entre as augas e estes últimos tan frescos, paso por todolos pasillos atopándome con todo tipo de horteradas, miradas e cursiladas.

Dende aquela con cara de vicio e chaquetón a xogo ata aquel machote todo estirado, como se nunca unha mosca lle cagara no pantalón, pasando por aquel outro de calcetíns brancos e camisa por dentro valorando un ibérico como un campeón, sen nombrar os que andan como escapados, como se ir o SUPER fose baixesa ou pecado!! Non o entendo!!

Penso que o tema SUPER  requere tanto sentido común como calquer outra cousa de sentido común, polo tanto hai días que facer a compra pode ser unha experiencia grandiosa. Dende o pasillo das augas ata o pasillo das tostadas pasando pola charcu e sen esquecer o chocolate, un atópase de todo.

A señoriña collendo o viño do marido e decindo: “o máis cativo que ben lle vale
Luis conducindo o carriño da compra estilo soneca na mesa.
A rubia de mallas marcando fendedura.
Marga en zona frío co escote de punta feito un lío.
Mercedes no muestrario de lápiz de ollos coa raia sen pintar (que os pinte su madre!!)
Esquivando a Rosana nunha contrarreloxo de compras impulsivas, non te apartes ti…
Darío pegando moco o despiste. Será na bolsa das magdalenas…?? Así sucesivamente, detalle tras detalle ata que chegas a caixa. Malo se pasas pola “saída sen compra” con cara de inocente, malo se gardas cola vendo Antón tocando o paquete, pero esto aínda non termina así,  de seguro que chegará ese cliente impaciente, rompendo a liña imaxinaria e poñendo a compra case encima da túa. Brrrrrgggg!!! Faltaba a caixeira que buscando o dichoso código de barras me maree as tostadas.



Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)