O paso do tempo
Ben
certo é que na actualidade as galiñas seguen tendo pico e as vacas seguen dando
leite, pero esto non implica que as cousas non cambiaran. Aínda sen ter claro
cal é a época merecedora do medallón ó garrafón adulterado, os cambios
existenciais habelos hainos.
Parándose
un chisco a pensar no que o escritor Jorge Manrique dixo no seu día, eso de
que calquera tempo pasado foi mellor, dá pé a plantearse unha serie de
cuestións. De se o dixo por nostalxia, recordando a idade da inocencia, na
que todo é fume, e por outro lado se na actualidade diría o mesmo.
En
realidade o paso do tempo non só afectou a temas supérfluos como son a
cantidade de canles que temos de TV ou a indumentaria que usamos andando en
bici, tamén tocou temas moito máis serios como a comunicación, a evolución das
palabras patrimoniais, a liberdade, o consumismo ou simplemente a
calidade dos alimentos.
Tamén
influiu na independencia da muller na parella. Antes a labor das mulleres era
única e exclusivamente atender o fogar, criar fillos e tolerar os caprichiños
do marido, claro está que deste modo, elas non tiñan a onde ir, nin onde caerse
mortas. Aguantaron o que non había, insultos, borracheiras e palizas. Agora a
muller deixou de ser un cero a esquerda para ser un máis, aportando un soldo que
a fai sentirse libre económicamente, ao mesmo tempo que consigue unha
independencia que antes non tiña. O home pola parte que lle corresponde
comezou a dar mostras de civismo atendendo as súas responsabilidades e
cooperando no reparto das tarefas, comida, críos, colada etc. Persoalmente
pensó que os cambios foron considerables para ámbolos dous, eso sí, non hai que
estar pletórico de saúde para darse conta de que todos estes cambios, provocan
na sociedade unha especie de rebeldía, pasotismo, desmadre, ou como lle
queirades chamar, que anos atrás non existía.
Será
que o ser humano non está preparado para cambios tan draconianos?
Hai
que ter en conta que valoramos positivamente o pasado, conservando o recordo do
bo e esquecendo o malo, de feito hai xente que se pasa catro leguas idealizando
o vivido. Para eles todo o pasado foi mellor, a mellor música, a mellor
comida, as mellores verbenas… Ata os tomates sabían mellor! Cantas veces oímos
decir “ Bahhhh! eso non vale para nada, se fose o de antes…”
Por
outro lado o conformismo era exemplar, con mercar un cuartillo de viño era máis
que suficiente para bailar, cantar e facer espuma cos pés, hoxe en día a
botella non chega a nada, as cometas foron sustituidas por droms, nas paradas
de bus puxeron marquesina, os sugus teñen un envoltorio menos, os donuts veñen
sen caixa de cartón, as portas das casas perderon unha folla, a mountainbike
matou a bicicross e con tanto I+D chegou o gas butano e con tanto fucking fume
e leña! A comida xa non sabe como antes.
Os
conformistas seguen na súa liña, dicindo que todo cambio é para peor, se por
eles fose o cambio climático non existiría, pero hai que ter en conta que sen
cambios, non teríamos avances en mediciña nin melloras no transporte, e de
seguro que algunha condición sexual seguiría no armario. Eso sí, aínda
estaríamos vivindo nas cavernas, en estado precario, sen papel hixiénico,
iPhone nin WhatsApp. Pero de seguro que á hora do bocadillo existiría diálogo
entre compañeiros, cada un diría o seu disparate e reiríanse todos, pero a
realidade non é esa, agora cada un vai por libre, cada un ríe o chiste do
seu Smartphone e así pasa o tempo. Todos contentos!
Recordando
as cousas que melloraron, non o podo reprimir, teño que falar do
ultramarinos de Griselda. Mercar un polo naquela tenda era todo un desafío! Ali
estaban os pobres colgados polo pescozo ou polas patas, xa non me acordo, o que
sí recordo, era o cargado que estaba de moscas…!
Sinceramente,
asómbrame o albedrío co que o ser humano afronta o sobreconsumismo nunha sociedade
que necesita cada vez máis.
Draconiano
Draconiano
Comentarios
Publicar un comentario