Luís Troche
“Nenos, nenas e xente curiosa, apartarse que levo moito tempo sin andar en bisicleta e podo tronsar a aljén”.
Eso dicía o Sr. Luís Troche, cada vez que entraba en bici na taberna do Chefo. Daquela era un personaxe bonachón, de conducta regalada, de bebida insaciable e de escasa previsión consecuente. Era un ciclista nato, este saía tódolos días a dar pedal na bici de carretera pola posición que adoptaba; dicía ca súa voz alta e rasgada
“coidadiño, coidadiño ehhhh!!! Non pensedes que son unha moto, que eu non fajo trrrragggrrraaann, trrrragggrrraaann”
Co seu nariz de aguilucho, o seu bigote afilado e as súas patillas de bandoleiro, ainda sen moto nin bici non deixaba de ser o centro de atención. Xa fai máis de vinte anos que fixara a súa residencia en Suiza (daquela era albanel de profesión). Cada vez que viña pasar unha tempada a súa terra natal, xa non baixaba dela. Namáis velo apartábase todo o mundo deixando cancha, o espectáculo xa estaba servido. Aínda despois de moitos anos sin velo, gardo un recordó moi presente daquelas inolvidables carreiras con derrapes, trompos e voltas de campana que él facía. (canto sarrín tragou aquel homiño meu deus).
Hoxe entereime que xa fai máis dun par de anos que alá en Suiza (sin linaxe e preto da xubilación), non fixo outra cousa que deixar a súa vida nun accidente laboral.
D.E.P.

Comentarios
Publicar un comentario