Roda parada

Hoxe, despois dunha semana de roda parada, e coa intención de osixenar un pouco as pernas para a carreira de mañán, fun ata o Cruceiro de Moldes pasando por Palmeira e Puebla, un traxecto curto pero moi agradable. Esta saída prestoume como un sermón na cuaresma o que lle preste. Xa en soños subía ata o cumio por aquelas paredes retorcidas, como aquel  chalán marchando sen tratar na feira do vintecinco. Eu igual, querendo sair e sen sair, ou ben por gusto, pracer ou por unha cousa ou por outra. Non hai mal que por ben non veña, pois non hai mellor cousa que ter as gañas concentradas de algo para facelo con sumo pracer, polo tanto fora panos quentes, medias ensanchadas e menos lambetadas.
Aquí vos deixo unhas capturas do traxecto de hoxe.








Cruceiro de Moldes

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)