Nocturna de Castiñeiras

Chegar no posto 80 de 84  na carreira nocturna de Castiñeiras, nun principio non parece un bo resultado, pero tendo en conta o pouco tempo que levo na práctica de running e sobre todo na “dureza” física da proba, foi todo un gran exitazo persoal; tamén recoñezo que non ten nada que ver co excelente e meritoso posto acadado polo compañeiro Clemente (o cal tomo como un bo referente a seguir).
Da carreira teño varios puntos a destacar, en primeiro lugar o bo rollo que había tanto no plantel de saída (situación de alegría con mogollón de caras coñecidas) como no avituallamiento, (durante a carreira pola miña parte todo foi esforzo e concentración).
Un tramo que me resultou espectacular, foi o traxecto que transcurreu polo camiño de pes no monte da Fieiteira,  resultándome curioso o escoitar respirar das pisadas dos adversarios entre a penumbra das súas luces, naquelas corredoiras cheas de fieitos, carrouchas, pozas e garabullos. 
Como non hai peixe sen espiñas, esta carreira non ia ser menos  (todo hai que dicilo), a min  as espiñas tocáronme todas na empanada de atún, para o meu gusto era mala como a peste, (de seguro que non fora feita con atún de Frinsa). Non podo dicir o mesmo dos bocatas de queixo, sorprendentemente sabrosos, sabrosos, (cun pouco de Pepperoni estarían de muerte). Á que non chamei a bailar a noite de onte foi a empanada de carne.
Ahora sólo queda seguir entrenando forte para afrontar a próxima carreira (máis dura aínda) que será en Artes no vindeiro mes de xullo.


Con Clemente, uns intres antes da saída

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)