O gaiteiro baroñés

Gadamil (o gaiteiro baroñés)

Neste relato, narro a historia de Gadamil, un gaiteiro que deixaba pegada sonora alí por onde pasaba. 

O seu nome de pila era Ramón, pero todos o coñecían polo seudónimo de  “Gadamil”, de profesión gaiteiro. Nacía no ano de 1905 en Baroña no concello de Porto do Son. 

Era un tipo con moito carisma, festeiro e pícaro como ninguén, facía magas coa gaita con tal de sorprender ao público, especialista en amenizar banquetes e foliadas, un verdadeiro showman da época que gozaba dunha particularidade única, tocar a gaita e bailar coas máis guapas ao mesmo tempo, ámbalas cousas con moita maestría. 

Nin que estivera feito coa mesma tela que se fan as festas, andar de parranda era o seu!”, iso dicían os que o coñecían.

Era un músico singular la mar de cotizado, actuaba nas vodas de alta alcurnia e tamén nas festas máis relevantes da comarca, San Roquiño de Tállara, a Guía, San Ramón de Bealo, o Loreto, a Guadalupe, o Nazareno, San Marcos, San Cristabal de Abanqueiro, os Milagros do Araño, Santiaguiño do Monte, San Amaro, San Pedro de Baroña, o Carme, San Benito de Seráns, a Virxe do Leite, San Xoán de Palmeira, San Lázaro, San Roque de Frións, San Alberto, a Mercé, o Carme dos Pincheiros, San Xulián de Artes e tamén en Santiago Apóstolo cando viña o Papa, pero entre todas elas, había unha na que se sentía como na casa, nunca mellor dito, porque non era outra que a festa do día da Concepción, o día grande da súa aldea, Orellán. Ese día tocaba a alborada cun luxoso traxe rexional, o fogueteiro e os aturuxos dos mozos máis madrugadores, eran os que o acompañaban.

Percorrían as rúas máis significativas, dende o Cutarelo ata Tarrío, pasando polos Ventosos, praza do Cañoto, rúa do Carboeiro e a avenida da Aldara ata a súa intersección coa empedrada rúa das Laxas. Cada pouco facían un alto no camiño, provocando cos foguetes estrondos que retumbaban no firmamento e nas cabezas dos máis durmiñentos.

O nome de Gadamil era sinónimo de éxito, ennoblecía co seu arte toda festa á que ía. Chegou a compoñer numerosas pezas para gaita, ata que a súa carreira musical, marcada pola fama e o éxito tocaba fondo, o mesmo día que o cura da parroquia fixo pública a lista dos nomes que a Garda Civil reclutaría para o frente. 

Coa Guerra Civil aos pés, o conto non estaba para gaiteiradas, polo que decidíu marchar de polizón nun vapor que zarpaba cara as américas. 

Nunca máis se supo del!

A súa ausencia, supuxo a desaparición dun dos mellores músicos populares da comarca do Barbanza, pero non sen deixar legado, xa que aportou un puñado de pezas de producción propia, enriquecendo o noso folclore tradicional.






Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)