Por Terras de O Morrazo

Monte de O Facho e Cabo Home



A semana pasada estiven no que para min é o sitio máis bonito de O Morrazo. Teño que dicir que a vivencia suscitada por a purificación de paixóns foi total. Aquí deixo fotos para que o disfrutedes.


Na corredoira empedrada que vai cara ó cúmio de o Monte Facho, podemos observar numerosas rochas con petroglifos, marcas de distintas tipoloxías, buracos e rebaixes nas pedras, feitos en diferentes épocas de cronoloxía indeterminada. 










Na subida ao Monte Facho atopámonos coa antiga aldea de Punxeiro (unha aldea medieval formada por oito casas en ruinas) que xunto ao castro galaico, a garita e os grabados da ladeira, conforman as Paisaxes de Berobreo.















Esta garita de cúpula de pedra foi construida no S XVIII para un posto de vixía con fins militares, co esplandor das illas Cíes ao fronte.





Con tan só un puñado de metros de altitude, as vistas son impresionantes, divísase dende cabo Silleiro ata Finisterre, incluindo as illas Cíes e Ons.



Polo visto tamén hai coellos! 






Para ir ata Cabo Home agarda outra camiñata de 2,5Km de ida por un camiño de terra moi coidado, con formidables vistas  de gran valor paisaxístico.




Faro de punta Robaleira, onde os atardeceres son puro espectáculo.








Faro de Cabo Home, construido en 1853 en pleno acantilado con mirada desafiante ao Atlántico. Cos seus 17 metros, presume de ser un dos máis altos de Galicia. 






Facede tempo e dade unha voltiña por esa punta de O Morrazo, a experiencia asegúrovos que é enriquecedora.








Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)