Unha semana de tuat
Xa fai algún tempo que levo de preguiceiro canto quero, sen escribir nin aquí nin alá, tal é así, que ata nin un tuit nin un tuat. Por certo, Tuat é unha rexión desértica no centro de Arxelia, na que abundan pequenos oasis. Algo así como o que tivemos esta semana na metade, un oasis que a transformou nunha semana atípica, polo que vou facer un resumo do que deron de si estes sete días. Penso que o contido non deixa de ser interesante, todo depende de ver ou non o espellismo no deserto.
Comezaba a semana falando de ortografía cuns amigos, o tema foi de se en castelán o correcto é escribir os meses en maiúscula ou minúscula.
Isto é o que di a RAE ao respecto.
“Mayúscula o minúscula en los meses, los días de la semana y las estaciones del año
Salvo que la mayúscula venga exigida por la puntuación (a comienzo de texto o después de punto), los nombres de los días de la semana, de los meses y de las estaciones del año se escriben en español con minúscula inicial:
Nació el pasado martes, 22 de noviembre.
En Caracas, a 6 de mayo de 2005.
Esta primavera ha llovido mucho.
Solo se inician con mayúscula cuando forman parte de nombres que exigen la escritura de sus componentes con mayúscula inicial, como ocurre con los nombres de festividades, fechas o acontecimientos históricos, vías urbanas, edificios, etc.: Viernes Santo, Primavera de Praga, plaza del Dos de Mayo, Hospital Doce de Octubre.”
Un festivo na metade da semana, queiras ou non sempre ten o seu aquel, Neste caso correspondía á festividade do 1 de maio (día do traballador). Cada quen disfrutouno como quixo ou como puido, comendo, pedaleando, durmindo, bailando ou traballando, non quero entrar en detalles.
Nós (tres amigos do pedaleo) fixemos unha saída matutina en bici, deixámonos caer alá por Cabo de Cruz, Como se dunha goleta do século XVIII (cos seus tres mástiles dourados) se tratase, oes!
Foi unha mañá fantástica, deporte, copichuelas con razoamentos... Quedamos á primeira hora no malecón, no punto de referencia habitual, onde as letras coas cores do arco da vella, que conforman o topónimo de Ribeira. Logo dunha rigurosa puntualidade, tiramos ao longo da inmensa ría de Arousa ata chegar a Cabo de Cruz, onde na explanada da cantina do náutico, atopámonos con este cartel que (excepto mirar) o prohibe case todo.
Que rigurosidade a dos cabocrucianos!
Xoves e venres, entregado a pleno proceso de optimización, pasaron como se nada, nun pis pas, ata que o sábado de compras, pasei por este point de tapóns solidarios que me fixo pensar, non sabía se rir ou chorar, o que teño claro é que o eslogan está acertado, aínda que tamén se lle podían engadir: As cousas non se fan soas.
Paréceme increible que esta identidade de tanto caché, permita tal desorden nas súas instalacións. Non é necesario facer un máster en Vanderbilt nin en Chicago, para darse conta de que supermercado estou falando. Considero que todos os que ledes Paparroda (co vivarachos que sodes) estades de volta e media en este tipo de detallitos .
Tamén merquei este libro de Carlos Ríos, recomendado por unha experta culinaria. Xa vos direi que tal! Nun principio fixen como sempre, con fasquía interesante abrín o libro por dous ou tres sitios, o que lin, gustoume. Promete!
...E entre unhas e outras chegou o domingo, como de costume non fun á misa, pero sí me peguei unha camiñata de tres pares de... De agárrate! 12 quilómetros pola beira do mar, ondiñas veñen ondiñas van, bordeando a costa de Couso entre Aguiño e Anquieiro, ida e volta claro está, agardaba o vermú. Como é normal nestes casos, trouxen fotos para que morrades de envexa. Quérovos!
Lavadoiro de Pinisqueira coa illa de Sálvora ao fondo |
Isto foi todo, para a semana máis e mellor, e sen oasis.
Comentarios
Publicar un comentario