Un veleno que atrae

Isto de andar en bici, é como un veleno descoñecido de agradable sabor persistente. Un veleno que atrae.

Santuario en Cespón

E tanto é así, que a historia vólveuse a repetir, outra volta máis pola contorna, outro día máis a Cabo de Cruz, os cabocrucianos xa estarán ata as pelotas de vernos facer alí a dichosa foto! A esta altura de século, penso que ata a bicicleta ten aprendido onde está cada unha das fochancas. Aínda que hoxe, o noso gato matou unha mosca oes! Chegamos a Cespón.

Fun cos dous de sempre, #NOVO e #V1L4R, parece o título dunha novela de Castelao, pero non ten nada que ver... Ou si, quen sabe! Porque a pesar de que ningún deles traballa para o concello, son liantes canto queren.

Os dous son altos como capitáns da Marina Mercante, abstéñome en dicir que son guapos, básicamente por dous motivos 1º Igual o creen 2º Polos malos entendidos que poidan xurdir. Un deles é de pel sonrosada, con cabelos e ollos claros, se non fose que nacíu aquí ao lado, ben podía ser escandinavo, pero non. Sempre vai ataviado de pés a cabeza sen esquecer a mochila. Como din os de acolá: Non a deixa na casa nin a tiros! Iso si, tiritas penso que non faltarán.

O outro, de tez branca e apariencia sutil, é algo así como o veleno das serpes que habitan nos altos de Pernambuco, un mediador confuso entre Deus e o resto da xente normal, incluido os que beben Coca~Cola. Vamos! o que ven sendo un demonio personificado vestido de gala, eso si, de catalina grande e piñon pequeno. 

O malo que ten ir ata aquí ao lado, é que logo se volve. Mirade se é así, que ata sempre chego para pór a mesa, increíble! 

O da igualdade levo moi "a rajatabla”

Xa que en Eurovisión non triunfamos, polo menos que teñamos boa semana. Ollo, que ista é sen festivo.

Un saúdo.

Muelle de Cabo de Cruz

Ribeira, pasaba un chisco das 9:30 


...Unha Specialized e dúas Cannondale, non chovía nin facía vento, o día prometía e así foi.






Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)