Matando o tempo
Está claro que as apariencias enganan, e digo isto, porque cara ao mundo estou aquí todo tranquilo cunha actitude recreada e sosegada, como se estivera facendo un estudo de balística, ou simplemente lazadas nunha corda de esparto, cando en realidade estou sometido a unha preocupación constante, causada por un día enteiro de arresto domiciliario, si, estou de garda.
Menos mal que a idade do pavo xa vai alá, porque con tal de ir de varanda, a ista altura xa tería planeado unha huida pola porta de atrás ou simplemente polos conductos de ventilación, como fan nas pelis americanas.
É boa verdade que despois dunha certa idade, logo de sobrevivir tempestades e caídas dende globos (que por certo, a última ben pensei non contala) a calma apodérase dun, e as gardas xa non son o que eran, agora só queda resignarse ao pé do cañón. Airear a mente con algún relato, facer un flan de ovo no microondas, unha empanada de xoubas no lar, ou calquer outra exquisitez culinaria sirve para matar o tempo, 24 horas dan para moito e para que o compromiso sexa do 100% a liña causa/efecto ten que quedar perfectamente definida, de non ser así, estaríamos ante un verdadeiro fracaso guardístico, cousa que non queremos. Nin iso, nin os chupitos de criptonita, por moi bos que sexan.

Que teñades bo finde!
Nota: Chegado o momento, non sabía como ilustrar iste relato, polo que optei por unha pintura de Virginie Matz. Agardo que vos guste.
Comentarios
Publicar un comentario