Ligoteo para feos



Unha vez máis a realidade supera a ficción.

Vivimos nunha sociedade tremenda, unha sociedade que nos fai ser cómodos, ou algo máis que cómodos diría eu. Mercamos en eBay, buscamos en Trivago e viaxamos con Bla Bla Car. Internet para todos e para todo. Como non? Ata para atopar moza se usa internet...


A gota que colmou o vaso, púxoa o Getafe C.F. que promovendo a asistencia de afeccionados ao campo, lanzou a súa app chamada “Getafinder” unha aplicación a cal a súa finalidade é que os seguidores liguen entre eles. Sí, así como estás lendo, aínda que pareza máis tema de peli que doutra cousa, non deixa de ser pura realidade. Podedes seguir o enlace pinchando AQUÍ

Sexa cal sexa a túa inclinación sexual, na rede hai mogollón de aplicacións de servicios dating como poden ser: Meetic, eDarling, Wapa, Wapo, AdoptaUnTío, Badoo, Happn e Grindr entre moitas outras. Estas aplicacións están diseñadas especialmente para facer perder o pudor (sen beber chica); á xente con tendencia a baixa estima, abrumados pola competencia ou simplemente tímidos acarrozados. Entre todas estas aplicacións hai unha que está de moda, destacando sobre o resto en saber levar moi ben o gato a auga, esta, chámase Tinder. Que non a coñeces?? Será que te estás facendo vello??  Ti non te coides!!

Se eres un fracasado do ligoteo, non te preocupes, agora coas novas “ferramentas” de apareo, ser feo xa non é un problema, xa podes volver á carga. Tinder poncho fácil, abres a aplicación e escolles á carta, so tes que elixir!: Esta sí, esta non, aquela sí e a outra tamén... como en eBay vamos! Busca e atoparás.

Afortunadamente esto de non comerse un rosco vaise acabar. Se aínda así intentas “meter ficha” (ligar); e non o consigues, é que eres parvo ou estás enestesiado.


Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)