Manual de disparo fácil
Xa fai algún tempo
que teño gañas de facerlle unha crítica constructiva a eses/as que se ven con
todo dereito do mundo, en cuestionar as fotos dos demáis, cando as súas, non
son máis que auténticos churros, un “víndeover” nas redes sociais.
É boa verdade que a
ignorancia tanto pode poñer a un triste e desventurado, como radiante de
felicidade.
Puntos de Forza e líñas da Regla dos Tercios |
Agora que nos
estamos adentrando en período de festas, chismes e felicitacións, tanto se sodes
auténticos flickeiros como usuarios base de Facebook, WhatsApp ou a mesmísima
Instagram, faredes que os smartphons e as redes sociais anden a fume de carozo,
a ver quen corre máis! De seguro, á festa tamén se arrimarán aqueles catro que
andan soltos por aí, pensando que a calidade das fotos do seu “chafarico” é a
mesma que poden ofrecer os modelos Reflex. Esto é confundir o touciño coa velocidade.
Como se entere a EOS 5Ds que a meten no mesmo lote…
A calidade non se pon en dúbida,
pero por desgracia non se pode decir o mesmo doutros aspectos, como poden ser a
composición fotográfica. A xente só se limita a centralas fotos e punto, “disparo
fácil” “aquí che collo, aquí che esfolo”. Todos sabemos que cada un fai o que
pode, ninguén naciu aprendido, pero o curioso desto é que todo “quisqui” se
cree con dereito a opinar, sen saber que unha imaxe é o suficientemente complexa
como para que catro matados nun "vira-vira" poidan determinar, se é boa ou mala.
Entón pregúntome: En
que se basa a xente para opinar? Como se pode facer tal cousa sen ter nin puta
idea? Penso que para abrila boca, primeiro hai que ter uns coñecementos mínimos
do tema, non chegan catro güisquis.
As redes sociais
están cheas de fotos feitas sen gusto, fotos que non trasmiten nada, e a única
finalidade é a de “buscalikes”.
Coa intención de
que no 2016 fagades fotos diferentes, invítovos a poñer en práctica algo tan sinxelo
como é a primeira regla de encuadre, sen necesidade de mostrar pompis nin
canalillo para chamar a atención. Ollo! unha vez despois de poñer en práctica esta
regla, cambiaredes drasticamente as vosas composicións e as fotos xa non volveran
a ser iguais. Esta regla coñecese como “Regla dos tercios” consiste en
dividir tanto horizontal como verticalmente a foto en 3 tercios imaxinários
iguais (foto) os 4 puntos de intersección destas líñas, son os puntos de Forza,
aí é onde hai que poñer o que se queira destacar da foto.
Non sería de recibo
que me puxera a explicar a Regla dos Tercios, cando en internet hai miles de
webs falando do mesmo. Polo tanto, aquí vos deixo un par de enlaces para que vos
entreteñades.
http://www.fotonostra.com/fotografia/reglatrestercios.htm
http://www.fotonostra.com/fotografia/reglatrestercios.htm
Non sigades facendo fotos centradas, sosas e sen creatividade, xa fixéchedes dabondas!
Ahhh! Que duda cabe,
de que as reglas están para rompelas, pero non antes de coñecelas.
Comentarios
Publicar un comentario