Sexo, química amorosa e marcas de dominación social
A noite pasada tiven un soño! Sí, un soño deses de AMOR, non sei se atraído por como medran os portales de citas, ou pola contaminación atmosférica. O caso é que, pasoume pola cabeza crearvos un perfil web e buscarvos parella a cada un dos que visitades este blog. Menos mal que de repente volvín en min e recapacitei, vin que alí, non era ouro todo o que relucía, e dei para atrás. O que menos quería era que levásedes un chasco online. Buff, vaia putada!, non me quedaría nada por oir…
De súpeto, ao cruzar a porta dos ramilletes dourados, presentín que algúns dos que estábades alí, tíñades cara de oscuras intencións, outros ben parecía que buscábades sexo, e outras tranquilidade; o que ven sendo un amor para toda a vida, ata había algún exhibicionista no medio, e tamén había quen estaba por estar, catro ou cinco ciscados tíñades cara de visitante de museos e algúnha que outra de dominación social. Este presentimento non fixo outra cousa que asolagarme de preocupación. Con tanta trasfega, sentín que a porta dos ramilletes estábase alonxando máis do que eu quería. Tiven medo, polo que deixei todo en mans da bioloxía, e que faga ela o que teña que facer. Total é a que ten a última palabra, porque eu só tiña dúas alternativas para vós, unha era poñerme a facer series de abdominales, o luns á primeira hora no traballo, xustamente ao pasar os tornos na soleira que hai antes da porta de entrada, e a outra era escribir este relato, pero as dúas opcións tiñan o mesmo fin, decirvos que esta semana publiquei un vídeo en YouTube. Penso que xa que estades aquí, ben podíades botarlle unha ollada, pinchando no seguinte enlace.
Un abrazo!
Comentarios
Publicar un comentario