Vive a túa fantasía

Agora que rematou o ano, é un bo momento para facer balance sobre do que fixemos ben e o que non tan ben, e non só eso, tamén do que deixamos no tinteiro con ganas de probar. Tamén é momento de plantearnos novos desexos e obxectivos a cumprir, que non sexa o de tódolos anos, apuntarse ao ximnasio e facer vida sa (catro días). Penso que hai que seguir buscando novos praceres, dándolle ao corpo o que pida, sen pasarse claro está! 

Falando de praceres hai algo que me chama moito a atención, algo que nesta sociedade vívese cun hermetismo total, como pecado, se hai algún tema tabú, este é o primeiro, tomámolo algo así como se non fose con nos, pero as enquisas non din o mesmo,  din que ós galegos vailles o rollo (non coma os estadounidenses, australianos, ingleses ou italianos); pero sí como calquera outros. O curioso da custión é que tanto homes como mulleres, ninguén comenta nin fala deles, e moito menos declararse usuario. Entón que é o que está pasando? Será que os galegos somos máis pudorosos que o resto da humanidade? Referindome ao uso de aceites, lubricantes e xoguetes sexuais, sí! Estás lendo ben, xa sei que non é normal que a xente vaia pola rúa comentando o que fai cando está en plena intimidade, pero así como se fala doutros temas, por qué non falar deste? Eso sí, sempre referente a marcas e modelos, sen entrar en detalles que xa sería demasiado para o cacharro. 

Jajaja! Non todo van ser caras largas, serias e resacosas, algo de bo humor tamén ven ben.

Pregúntome se esta sociedade, estará preparada e mentalizada para oir falar a Maripili, Marta, Merche, Andrea, Juancho, Luis, Suso ou Tonecho do uso que estes lles dan a tal material? Será que nos estamos quedando rezagados respeto a outras culturas? Que pasa con nosco? Por qué nos costa falar abertamente de certos temas? 

Tamén é sabido que un dos inconvenientes e reparos que ten vivir en cidades pequeñas, onde prácticamente todos che coñecen, onde con tantos ollos controlándoche che fan sentir o centro de atención, onde é dificil dar un paso sen que se entere a veciña do quinto, vamos! todo quisqui, con tales primisas quen se atreve a pisar un sexshop ou unha sexlove? Vivir aquí non é o mesmo que vivir en Bilbao, Connecticut ou  San Petersburgo, claro está!

Penso que esta é unha asignatura pendente na sociedade actual,  hai que deixar de lado os prexuízos sendo máis naturais e importándonos un pito o que pensen os demáis, indo directamente ao grao, sen máis rodeos.
Xa está medio mundo a voltas con outras sensacións dándolle caña ao dichoso masaxeador prostático e aquí aínda seguimos así, como daquela, coa mesma vergoña do primeiro día en pedir condóns na botica veciña.

Será que non estamos a altura de usar xoguetes para o pracer? Non esquezamos que o xogo forma parte da nosa vida, temos que deixar atrás, mitos e temores para disfrutar da sexualidade a tódolo grande, non nos mergullemos nese tabú colectivo, pois non nos queda nada, dentro de dous días, ter sexo cun robot/a será a cousa máis normal do mundo, e os vídeos pornográficos serán pezas de museo. 

Quéresme decir que logo destas festas de tanta dulzaina, aínda non sabes o que é sentirse un Ferrero Rocher? Vamos! Xa vai sendo hora de que saias desa represión, desarrolles novas fantasías rompendo esa rutina con ostentación e sacia a curiosidade buscando novas sensacións.
Aínda que sexa, úntate de chocolate e déixa que a parella che devore como un bombón. 

Vive a túa fantasía!

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)