Dous anos de blog
Quen iba a pensar que aquela ilusión que tiña o escribir o
primeiro post, chegaría ata aquí intacta? Nestas datas, Paparroda cumpre dous anos. Todo gracias a vos, por estar ao
outro lado, dándome forzas para seguir escribindo e publicando cada semana.
Logo Paparroda |
Recoñezo que como afección, escribir en Paparroda é algo que
verdadeiramente me fascina. Aproveito o tempo de “mirar a tele” para coller o
iPad e disfrutar como un cosaco tecleando que che tecleo, narrando algo que me chifle e me guste, algo para vos.
Neste último ano houbo cambios, como non! Un deles foi
o logo, quixen algo máis dinámico con liñas simples e facilón de
recordar, algo máis coqueto vamos! Coa única finalidade de seducirvos, se vos gusta tanto como a min, conseguino! A min apasióname! Por outro lado, Chrone cun
31% foi o navegador que desbancou a Firefox que ocupaba este mismo posto o ano
pasado, o Sistema Operativo que máis pasa por aquí sigue sendo
Windows cun 39% outro ano consecutivo. As visitas están moi
reñidas man a man entre americanos e españoles, os sitios de referencia de onde proceden son: Tumblr, Google, Facebook, Twitter e Pinterest.
Síntome moi agradecido, dándovos gracias a todos os que pasáchedes por aquí, dende o primeiro ata ti que estás lendo agora esto. Gracias polas visitas.
Un forte abrazo.
Comentarios
Publicar un comentario