A sombra tatexante

Infografía simulando a fachada de Sabores Feiticeiros
Ola! O meu nome é Andrés, son natural da Pontella do Rodeiro, aínda que por motivos varios sempre vivín preto da capital, agora xa retirado, con canas, pantalóns rachados e netos criados, quero compartir con todos vós unha experiencia vivida xa fai algún tempo, nunha desas viaxes que se fan máis por compromiso que por vontade, unha viaxe que… Máis me valera ir a guerra do pan quente! 

Corría aquel frío inverno do 2024 cando pisei por primeira vez o local que Nico tanto me recomendaba. Aquelo non era outra cousa que o típico restaurante de texturas e sabores virtuais. Hoxe están en decadencia, pero fai uns anos, ben fose por chulería, pompa ou curiosidade, todos frecuentábamos. O importante deses locales, era lucir tipo, aparentando cultura gastronómica, coa intención de facer boca auga aos teus invitados. Un arte culinario máis!
 

As gafas RV do momento, xunto dun par de pastis sensoriais, eran suficientes para comer e beber todo o que quixéramos sen engordar, eso era o que nos vendían aqueles “hosteleiros” de pacotilla a finais da década pasada. 
Todos os locales dispoñían dun sin fin de pratos minuciosamente elaborados, ao máis puro estilo atolidón, Carne ó caldeiro, pulpo a feira, congrio guisado, lacón con grelos, empanada de berberechos, lubina en salsa de vieira, sardiñas asadas  etc. etc.  Está claro que eran outros tempos! Bravo por aquelas que non embarcaron na expedición 90-60-90, quedando todo en borralla!
Sabores Feiticeiros, era o nome do local máis cool de toda a comarca, estaba nun baixo de fachada bermella con cruces acristaladas, unha escaleira de catro peldaños da mesma cor, daba acceso a entrada, entre macetas de lirios brancos e unha coroa dourada.
Nada máis entrar, unha dama vestida de negro, con porte elegante e escote chillón, abraioume sen pensar,  cun puñado de pílulas de encantos numerados. Ata 10 azuis e outras tantas amarelas. Medio aturdido, sabendo que esa elección marcaría o estado anímico e sensorial de tal asedio, aparentei o que non había, botei man da número 2 azul e 7 amarela, por un momento cheguei a sentirme Neo en “The Matrix”

Unha casual frescura transparente, fíxome sentir a necesidade de moverme coa mesma présa, que cando un ten o leite ó lume. De repente un súbito cusquilleo nas palmas das mans, foi dabondo para que, empezara a facer chasquidos cos dedos, como se de seguir o ritmo dalgunha canción se tratara. Mergullado na sombra das quimbambas e sen máis dilación, entrei na sala, senteime na única mesa con carta dourada e lirios brancos como reservara. Presenciei como os ollos dun comensal bailaban no prebe morno dunha lubina troceada, en outra mesa, alí ao lado, servíase unha orxía, un xurelo que falaba sen saber o que decía, unha muller que berraba, unha culler que remexía un pemento, un pepino, un tomate, unha faneca estilizada, unha berberecha preparada, unha carteira roubada, unha nécora que tonteaba nun prato que resbalaba, e un cabalo que escapaba do cabodeano que me agardaba.


Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)