DOMINGO A CABO



Se tamén eres un “afortunado” deses, que leva de can de palleiro dende que comezou o ano, pode que che interese esta saída cicloturista que faremos o  vindeiro domingo 17 de xaneiro a Cabo de Cruz.

Podes vir con bici de montaña ou carretera, para o caso vai ser o mesmo, xa que circularemos amodiño, estirando as pernas e disfrutando da paisaxe en boa compañía.

A marcha partirá as 9:30 dende a estación de autobuses de Ribeira. 50 Km de percorrido con unha duración estimada de 2h 50m. Hora e pico para alá, hora e pico para acá e o resto de parloteo, comentando a xogada.

A participación é totalmente libre e de moca, pero tampouco contes con avituallamentos, lavabicis nin sorteos.

Que decir cabe que tampouco haberá churrascada ao final. A comer a casiña!

Nota:
Cada participante é responsable da súa gilipollez e seguridade.

Vémonos!

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)