Posthumano
Posthumano! A palabra que cada día que pasa, máis de moda está. Que non a coñeces? Non te preocupes! Non pasa nada! Sigue así! Sen deixar de lado preferencias, sabes que neste mundo todo se basa en prioridades, polo tanto, primeiro é o que é.
Vai ti a saber... ! Ó mellor co abrumado e aturdido que che fai estar esa aplicación de smartphon, ata igual nin sequera che interesa sabelo… Para que meter na cacharola máis cousas que as do “grupo”! Para que ir máis alá...! Total...!
Se polo contrario te consideras outra clase de individuo, máis responsable, dinámico e sen prexuízos, dos que lle da igual que o azul sexa dobre ou non, libre de ataduras smartphónicas, vamos! Se de verdade pertences ao outro “grupo” de seguro que che interesa o que está cocendo o ser humano nas altas esferas.
Por todos é sabido que no século pasado o Home desarrollou máquinas fiables e rápidas, parecéndose o máximo a el, capaces de sustituilo no traballo. Co paso do tempo o Home evolucionou e a tecnoloxía tamén, facendo que os robots foran moito máis rápidos, viran, oisen e fixeran cálculos máis precisos, dándolle ao home catro voltas conseguindo facelo sentirse inferior.
Como esto non podía quedar así, tocounos mover ficha, con ese ataque viñeron e puxéronse de moda os chips subcutáneos, que é o tema que hoxe vou tratar.
O ser humano está as portas dun novo salto evolutivo, un salto que asusta ou non, depende do uso que lle demos. Estamos chegando a un punto no cal un se sinte amarrado como se estivera preso á figueira do Rois, baixo aquel paredón cheo de edras e miñocas, avistando a líña que nos impón a Natureza, tanto física como intelectual, unha das formas que temos de sobrepasar esa líña é cos implantes, aínda que desta vez non serán de silicona, xa está ben de tanta pechonalidade! Desta optamos por implantacións de silicio en chips de radiofrecuencia en busca do perfeccionamento, para mellorar cualidades e superar limitacións. Nos pensando que xa o víramos todo, pero aínda nos queda por ver o novo prototipo humano, unha integración entre Home e Máquina con xeolocalización e rexistro biométrico. A incorporación de chips será tan beneficiosa, que será inevitable non levalos, esta tendencia abrirá unha nova era.
Benvido a biónica, o posthumanismo e con el a modificación xenética e clonación, esto é unha realidade, xa ninguén o poderá parar.
Por fin! Dunha vez por todas, con este cambio sustancial, as féminas terán o que sempre quixeron. Quen as verá…! Altas, morenas, ollos verdes acastañados, caderas na súa xusta medida, e non alá moi cargadas de tetamen. Será todo beleza personificada! Ahhh! Postos a pedir, que se fagan un peiteado impecable e indeformable para prescindir das GHD, menos cachivaches na casa e máis sitio na maleta.
Que quede claro que a modificación dos xens, non só será para correxir erros xenéticos, como poden ser algunas enfermedades, senon que tamén será para potenciar as persoas sas, desta forma habería diferenza entre humanos mellorados e non mellorados. Unha pregunta máis para o transcurso do baile, xa que “estudias ou traballas” está moi gastado.
Chips subcutáneos para abrir portas sen usar chaves, pero tamén xeolocalizado, máis memoria, agudeza visual, capacidade de cálculo e un fin de cousas máis, todo son ventaxas! Eso sí. Modificando o ADN de forma eficiente, xa que tamén haberá o chapuzas de turno que faga das súas como en todolos lados, e como sempre haberá para tódolos gustos, de pago ou polo seguro…? E por qué non elexir o sexo dos fillos, mesmamente como elixir o chocolate no super? Se me gusta con leite, por qué o vou traer puro? Con avellanas ou con almendras. Viva o libre mercado xenético!
Os humanos por sorte ou desgracia non nacemos iguais, pero todos queremos ser altos, guapos e intelixentes.
Seguiremos coas nosas limitacións sendo fieles ao noso patrimonio xenético, ou polo contrario daremos o paso?
Que opinarán as que lles toque ser feas?
¿Estamos preparados para ese cambio radical?
Chegado a ese punto, ou se modifican os xens ou non se modifican, con eso de “solo la puntita” ben sabemos o que pasa...!
Comentarios
Publicar un comentario