Xente Pro-Pensa

Antes de dar comezo a este post (no cal vou tratar sobre as Redes Sociais); quero deixar ben claro que non vai dirixido a ninguén en concreto. Que ningún espabilado se de por aludido, meténdose no centro da diana.


Aínda sendo conscientes de que as Redes Sociais son un verdadeiro retroceso nas relación persoais, todos as queremos.  Son un vivo reflexo da sociedade actual e forman parte das nosas vidas, sen elas perderíamos un gran avance non só en comunicación, tamén en pasatempo. O seu uso non entende de inquietudes, culturas, edades nin estatus social. Con ter un perfil, é máis que suficiente para columpiarse con todas elas…!

De momento non existe ningún método de identificación, non se pide D.N.I. libro de familia nin folla de penales, anonimato ao máis puro estilo axente secreto. Andando cada un á súa bola, non é de extrañar que o crisol esté cheo de reflexos equívocos, buscando coa mellor fasquía a ilusión de persoa pulcra e perfecta.

Unha “insignificante” foto de perfil, é máis que suficiente para revelar “todo” acerca de cada un de nos, xa se pode ser tímido ou botado pa' diante, todo se reflexa nesa imaxe que seleccionamos como avatar, por eso consciente ou inconscientemente, cada un pon a máis “adecuada” ben sexa a da primeira comunión, a da voda, practicando deporte, a dos fillos, a da muller ou a do can.

Referente aos usuarios tamén hai varios tipos claramente diferenciados. Os que non publican nin camparten, só se dedican a escubichar o que fan os demáis, sen aportar ningún tipo de contido. Mesmamente como parásitos seguíndoche ao calado. No outro lado da balanza atópanse os que controlan o panorama mediático, teñen afán de protagonismo, interactuan co seu contido e co dos demáis, non paran quietos nin a sol nin a sombra, gústalles chamar a atención, publican todo o que lles pasa pola punta do peteiro e “laikean” que todo lle da igual! Un selfie, un bocata de salchichón, un par de ovos fritos, un flan na escorredera ou a papilla da criatura, non hai momento nin selección.

Non sería d resivo falar das redes sosiais e nn mensionar o jrupiño de xente conosida como “perfil K” q konstantemente aportan komtido de kalidade, komendo ou kanviando letras do bokavulario, pasando a hortojrafía polo escroto, o forro dos collóns para ser + claro. Noravoa!;  Fasédelo moy ven  , estupendamente ven¡

Kuriosa forma d demostrar, q non hai nada q mostrar.



Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)