Castro Cidá

Había que ter moi poucas luces, para ser galego e non coñecer ningún Castro Celta, pero como non todo o mundo ten o privilexio de sentirse da Terra, aquí lles deixo unha pequeña aclaración do que son os Castros.

Os Castros son as ruinas de poboados fortificados onde vivian os Celtas, que polo xeral están situados  en sitios elevados.
A súa orixe remóntase a Edade de Bronce (século VIII a. C.) pero ata a Edade de Ferro non alcanzaron o seu maior desenvolvemento,  sendo abandoados ou transformados (perdendo toda a esencia Celta) coa chegada dos romanos alá polo século I d. C.
Os máis destacados son o de Viladonga en Castro de Rei, o de Borneiro en Cabana da Bergantiños, o de Santa Tecla na Garda, e como xoia da coroa, temos o Castro de Baroña. Estes son catro entre os centos deles que hai, un deses moitos e menos coñecido é o Castro Cidá, situado no municipio de Ribeira. Este ademáis das vivendas da época castreña, dispón dunha construcción máis moderna que corresponde a unha cabana de seguimento marítimo do século XVII. Tamén dispón dun soberbio enclave; no cal se divisa o Parque Natural das Illas Atlánticas, o Parque Dunar coas súas correspondentes praias, as Lagoas de Carregal e Vixán e o pobo de Corrubedo co seu famoso faro delimitando as rías de Arousa e Muros e Noia.

Aquí vos deixo unhas fotos para que morrades de envexa e o visitedes.

Un abrazo e feliz día das Letras Galegas.



Carteis de sinalización

Para chegar a Este Castro, hai unha ruta de senderismo moi ben sinalizada


Este enclave está cheo de Digitalis Purpurea, planta silvestre da familia das escrofulariaceas, máis coñecidas como  dedaleras, dixitais ou estraloques

Nesta imaxe pódese observar unha das marcas coa praia de Coroso e illa dos Ratos ao fondo

Este espazo ten pinta de que fora a eira

Polo visto, non todas as vivendas tiñan forma redonda nin ovalada. Xa daquela había veciños "Distintos"

Vivendas poligonales con Aguiño ao fondo

Hai multitude de marcas pero descoñezo o seu significado. Sinto!


Nesta imaxe, ademáis das ruinas das vivendas, pódese observar ao fondo o Parque Dunar

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)